CONVOCATORIA DE AXUDAS ANTIDESFIUZAMENTOS

Abel Caballero informou da aprobación das bases e convocatoria do coñecido como cheque social, 1.640.000 euros en axudas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación para familias con escasos recursos. O Concello aumenta este ano por enriba dos 2,5 millóns as axudas antidesafiuzamentos.

O alcalde, que puxo en valor que este programa estea xa aprobado a once de xaneiro, explicou que esta convocatoria reserva 1.640.000 euros para axudas ás familias con menos recursos para pagos de vivenda, alimentación e subministros enerxéticos. Esta iniciativa forma parte dos 2.532.000 euros que adica o Concello este ano ao efecto, partida que se incrementa este ano con respecto aos 2,4 millóns de 2017.

Segundo estipulan as bases, os solicitantes deben estar empadroados en Vigo durante alomenos tres anos e cumprir cos requisitos de renda esixidos. Os interesados poden presentar a súa petición no rexistro municipal nos vinte días hábiles tras a publicación oficial da convocatoria, que será resolta e notificada en tres meses, tal e como anotou Caballero.

Na convocatoria do pasado ano, o goberno de Vigo concedeu 1.947 axudas económicas para pago de alimenos, outras 1.898 para abonar gastos de enerxía nas vivendas e 1.454 para alugueres e hipotecas.

+info: CONCELLO DE VIGO

Logotipo cabecera