Convocatoria para o VIII Vigo en Bruto ’19

O Festival Vigo en Bruto nace en 2011 coa vocación de apoiar a compañías ou creadores emerxentes, galegos e de creación contemporánea.
O apoio do Festival Vigo en Bruto facilita: Que cada compañía conte con dúas ou tres días de residencia artística e técnica (de 10.00 h. a 16.00 h.), se así o require. Teatro Ensalle ofrece un asesoramento técnico se fose necesario. Teatro Ensalle facilita a posibilidade de que a compañía nestes días poida levar a cabo a realización tanto do vídeo, como das fotografías da peza, necesarias para a súa posterior distribución.
Tres días dentro da programación estable de Teatro Ensalle. Difusión en medios de comunicación, redes sociais e Web de Teatro Ensalle. Asesoramento para a posterior distribución das pezas na medida das posibilidades de Teatro Ensalle e en función do resultado da experiencia. Condicións económicas. 300€ fixos ou o 50% de despacho de billetes nos casos nos este supere dita cantidade.
Requisitos: Dossier da peza ou no caso de estreas Proxecto Artístico. Currículo dos integrantes. Fotografías. No caso do trinque algunha fotografía dos ensaios. Vídeo. No caso das pezas xa estreadas. E especificar en que lugares foron representadas, nas pezas non estreadas vídeo do proceso. Prazo de presentación de solicitudes: Do 14 de Febreiro ao 6 de Marzo de 2019.
Presentación de solicitudes:
Vía mail a teatroensalle@teatroensalle.com
(Asunto: Propuesta Festival Vigo en Bruto 2019)
TEATRO ENSALLE. C/ CHILE, 15 BAJO.
TEL. 986485609. ww.teatroensalle.com
Logotipo cabecera