CURSO DE ENOLOGÍA- UNED-

O Aula da UNED en Vigo impartirá un curso de enelogía para principiantes, que tendrá lugar entre os días 20 de xuño e 18 de xullo, os mércores pola mañá en horario de 10h a 14h.

Os alumnos coñecerán as nocións básicas para a elaboración dun viño de forma correcta e outro dos obxectivos é educar os sentidos para diferenzar entre as substancias agradables e desagradables.

O poñente do curso de enología para principiantes é o técnico especialista en Viticultura e Enotecnica, Manuel Ángel Areal Freitas.

Logotipo cabecera