Curso de formación en Igualdade para monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre

Organiza: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no curso de formación en Igualdade dirixido ao monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

O curso ten unha duración de 20 horas e ofértase en dúas quendas:

.- Quenda de mañá, que se realizará os días 25, 26, 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo en horario de 9:30 h a 13:30 h

.- Quenda de tarde, que se realizará os días 25, 26, 27 de marzo e 1 e 2 de abril en horario de 17:30 h a 21:30 h

A Concellería de Igualdade poderá suspender a realización dalgún dos cursos no caso de non acadar un mínimo de participantes.

Lugar de realización: Casa das Mulleres. R/ Romil, 20. Vigo

Actividade gratuíta.


FORMADORA:

Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.

INSCRICIÓN:

A ficha de inscrición remitirase cuberta e asinada ao seguinte enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org, ou persoalmente na Concellería de Igualdade (1o andar do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n), de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 h.

Prazo de inscrición: desde o 8 de febreiro, ata cubrir prazas.

Outorgaranse as prazas por orde de inscrición. Prazas limitadas

ACREDITACIÓN:

Entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obter este diploma, deberase asistir ao menos ao 80% do total das horas

Máis información (obxectivos, contidos, metodoloxía, etc) e ficha de inscrición (pdf editable) en arquivos adxuntos e na nosa paxina web  http://www.igualdadevigo.org

Logotipo cabecera