CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE EN RÉXIME DE CAMPAMENTO POLA E.T.L. FERVENZA

A Escola de Tempo Libre Fervenza organiza un curso de Monitor de Tempo Libre que terá lugar do 10 ó 29 de Xullo.

O curso impártese en réxime de campamento no  Centro de Educación Medio-ambiental “O Marco do Castelo” (Sta. Mª de Oia) co obxectivo de “Formar persoas capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas para a xuventude en tempo libre, ben sexa no medio urbano, ben sexa no medio natural.”

Prezos:

  • 425 euros con Carné Xove.
  • 395, se te apuntas cun amigo/ ou tes familia numerosa.
  • 370, se estás no paro.
  • 370, se fas un único pago antes do 31 de maio.
  • 465 prezo sen descontos.

(Inclúe: alimentación; material comunitario, de actividades, documentación, formadores; aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente; transporte dende Vigo, ida e volta; seguemento das prácticas e asesoramento na elaboración da memoria, tramitación do título; seguro de R.C.).

 

Máis información contactando coa E.T.L. Fervenza:

Tfno.: 606 321 636

Web: http://www.escolafervenza.es

E-mail: secretario@escolafervenza.es

(O prazo de inscrición remata 14 días antes do inicio de cada curso.)

Logotipo cabecera