Curso de Monitor/a tempo libre Xaruma (edic Fin de semana)

chalkboard-1264200_960_720A escola de tempo libre Xaruma organiza un curso de Monitor/a de ocio e tempo libre. O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 4 de marzo – 28 de maio.

Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30. A fin de semana correspondente ás vacacións de Semana Santa non haberá formación.

Lugar: Vigo (barrio de Teis)

Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.

Aportación: 190 € socios/as e desempregados; 200 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 2 de marzo

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario final cos datos correctos, e no prazo máximo de 3 días laborables enviarémosche un correo confirmando a praza e indicando os pasos a seguir.

Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Máis información: Xaruma

Logotipo cabecera