Curso orientación empresarial

orientacionA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, convoca un curso de orientación empresarial, de 4 horas formativas.

Obxectivos:
Apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, reforzando as súas competencias clave, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades e  capacidades para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo.
Fomentar o emprendemento entre os/as mozos/as como estratexia de emprego.
Apoiar o desenvolvemento persoal e formativo dos mozos e mozas galegos a través de iniciativas de educación non formal.

Destinatarios/as: mozos e mozas entre 16 e 30 anos
Lugar de realización:  Fundación Indaga (Matogrande), rúa Federico García, 2 (A Coruña)
Día e horario: sábado 17 de decembro de 10 a 14 horas
Cobertura: o curso é de carácter gratuíto, será por conta dos/as participantes o desprazamento ata o lugar do mesmo.
Prazas: máximo 50 prazas e mínimo para realizar o curso 10.
Inscrición e prazo:  mediante formulario electrónico ata o día 16 de decembro as 13.30 horas.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles  pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición  ata cubrir a totalidade das prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación antes do 17 de decembro, enténdese que non obtivo praza.
As persoas menores de idade deberán presentar unha autorización dos/as titoras legais ou pais/nais o día da realización do curso.

Mais información: galeuropa@xunta.gal

http://xuventude.xunta.es/2016111821329/curso-orientacion-empresarial.html

Logotipo cabecera