CURSOS DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA ORALIDADE DE VIGO -CIOV

A Concellaría de Normalización Lingüística, a través do CIOV, continúa cos cursos de achegamento á improvisación oral e á narración oral
Tal e como vimos facendo noutros anos, as aulas van programarse desde outubro a maio, curso 2017-2018, en horario de tarde
O CIOV está no camiño do Chouzo, 2, no Instituto Municipal de Educación (IME)-aula 17
Os cursos son gratuítos

As persoas interesadas nestes cursos deben enviar o seu nome completo e teléfono ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: cursos ciov)

PREVISIÓNS CURSO 2017-2018

De momento, estas son as previsións para o curso 2017-2018:

1.-Improvisación oral en verso. Achegamento á improvisación (regueifas, brindos, xaneiras…) por conta de Josinho da Teixeira
Datas:
18, 25 de outubro; 8, 15, 22, 29 de novembro; 13 de decembro do ano 2017
10, 17, 24, 31 de xaneiro; 7, 14, 21, 28 de febreiro; 7, 14, 21 de marzo; 4, 11, 18, 25 de abril; 2, 9, 16, 23, 30 de maio do ano 2018
Horario: de 18:00 a 20:00

2.-Narración oral (contos, lendas, historias populares…) por conta de Ana Carreira, Paula Carballeira e Raquel Queizás
Datas:
19, 26 de outubro; 2, 9, 16, 23 de novembro do ano 2017
Xoves de xaneiro, febreiro e marzo do ano 2018
Horario: de 17:00 a 21:00

+info: SNL VIGO

Logotipo cabecera