Complementos estudio

Curso online lingua de signos

Xa están disponibles na web todos os datos relativos ao curso online de Lingua de Signos Española nivel A1 (60 horas) adaptado ao marco común europeo de referencia para as linguas (MCER) que dará comenzo o  próximo 11 de setembro.

O prazo de matrícula finalizará o 4 de setembro de 2017.

Datas do curso: 11 setembro a 11 novembro

Prezo: 80€

Información completa xunto co formulario de inscrición disponibles en: Info Curso Lengua de Signos ONLINE

Máis información:

Cursos LSE (FAXPG)

Teléfono: 981 918 768 Email: lsecursos@faxpg.es www.faxpg.es

FAXPG – c/Félix Estrada Catoira, 3 Bajo Dcha. 15007 – A Coruña

 

 

Cursos intensivos de verán Alianza Francesa

Curso intensivo para maiores de 13 anos (60 horas) de luns a venres dende as 9:30 ás 12:30h, mes de xuño (do 5 ao 30 ambos inclusive), de xullo (do 3 ao 31 ambos inclusive), de agosto (do 2 ao 31 ambos inclusive). En caso de solicitude para outros horarios estudiaríase a demanda para abrilos.

Curso intensivo para adolescentes (11-12 anos), 40 horas, de luns a venres dende 10 as 12h: mes de xullo (do 3 ao 31 ambos inclusive), de agosto (do 2 ao 31 ambos inclusive).

Curso de recuperación apoio ESO, 24 horas, de luns a xoves de 10 a 11:30h. Xullo (do 3 ao 31 ambos inclusive), de agosto (do 2 ao 31 ambos inclusive).

Curso Erasmus supervivencia para maiores 18 anos, 40 horas de luns a xoves de 9:30 a 11:30h. Xuño (do 5 ao 30 ambos inclusive) Xullo (do 3 ao 31 ambos inclusive), de agosto (do 2 ao 31 ambos inclusive).

Curso conversación superior, 12 horas, de 20:30 a 22h.

Os luns e mércres : ,Xullo do 3 ao 31 e Agosto do 2 ao 31

Os martes e xoves:  Xullo de 4 ao 27 e Agosto do 3 ao 31.

Para máis información: ALIANZA Francesa Vigo

R/República Arxentina 22, 1º. 36201 Vigo

Telf: 986436109 // info@alliancevigo.org // www.alliancevigo.org

 “Deseño aplicacións para dirección operacións con office access “

A utilización de ferramentas ofimáticas para o desenvolvemento de aplicacións sinxelas na dirección de operacións na empresa (control de producción, stocks, RR.HH,…) se centran fundamentalmente en follas de cálculo

Obxectivos do curso:

Aprender a utilizar MS Office Access a un nivel básico

Deseñar aplicacións sinxelas de xestión empresarial baseadas en SGBDR

Melloraro  coñecemento en procesos básicos de dirección de operacións

Datas:10 a 20 de xullo de 2017 (luns a xoves)

Horario: 9h-13h

Lugar: Aula informática da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus)

Duración: 32 horas presenciais

Convalidación: 2 créditos de libre elección

Máis información: https://bubela.uvigo.es/curso/2912

Departamento de Organización de Empresas e Mercadotecnia

mdoiro@uvigo.es

986 812 234

Curso de Fundamentos de Dieseño Técnico con SOLIDWORKS

Xa está aberto o pazo de preinscrición no curso de formación da Universidade de Vigo “FUNDAMENTOS DE DESEÑO TÉCNICO CON SOLIDWORKS”

SOLIDWORKS é unha ferramenta de deseño CAD 3D ampliamente utilizada no mundo profesional, tanto pola súa facilidade de uso como polas prestacións que ofrece. Son moitas as empresas que fan uso do seu potencial para realizar o deseño técnico dos seus produtos.

Este curso permite obter os coñecementos fundamentais para realizar deseños técnicos con Solidworks.

Objectivos do curso:

Comprender os fundamentos de deseño 3D asistido por computador.

Adquirir destreza no modelado con sólidos.

Adquirir destreza no modelado de ensamblaxes.

Adquirir destreza no modelado de superficies.

Adquirir destreza no  modelado de chapa.

Adquirir coñecementos básicos sobre documentación dun proxecto técnico industrial.

Adquirir coñecementos básicos de simulación FEM (Elementos Finitos)

Datas: 25 de maio a 9 de xuño: http://bubela.uvigo.es/curso/SOLIDWORKS

6 a 21 de xullo: http://bubela.uvigo.es/curso/SOLIDWORKS2

Horario: 9h-14h

Lugar: Aula informática da Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus)

Duración: 60 horas presenciais

Convalidación: 4 créditos de libre elección, 60 horas ECTS

Consultas: armesto@uvigo.es

Máis información:

http://bubela.uvigo.es/curso/SOLIDWORKS o

http://bubela.uvigo.es/curso/SOLIDWORKS2

Outros cursos ofertados:

Introducción a la simulación FEM y CFD con ANSYS

Diseño y cálculo de instalaciones técnicas de la edificación y construcciones industriales (Entorno CYPE)

Introducción a la programación en PYTHON

Planificación y seguimiento de proyectos con Microsoft PROJECT

Director/a do curso

http://webs.uvigo.es/armesto/cursos

armesto@uvigo.es

986812244

http://webs.uvigo.es/armesto

Conversacións en idiomas estranxeiros

O café de catro a catro, sito na rúa xerona 16, Vigo afronta unha nova sesión do tándem de idiomas. A partir das oito da tarde o establecemento hosteleiro ofrecerá aos seus cliente a oportunidade de realizar prácticas de idiomas. Os interesados poderán conversar con outras prsoas en idiomas estranxeiros. É unha actividade que se repite todos os martes e mércores.

Cursos gratuítos informática a distancia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia gratuitos de diferentes temáticas relacionadas coas TIC (alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social), e que están aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT.

Os cursos, dunhas 4-10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.

Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar obrigatoriamente de forma presencial nun aula CeMIT;  unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:

Control parental
Seguridade informática
Uso do libro electrónico
Uso da tableta
Uso da cámara dixital
Uso dos dispositivos electrónicos
O correcto aproveitamento dos smartphone
Cloud computing
Comercio electrónico
Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
Vendas no muro
Posicionamiento social
Creación de blogs
Redes sociais
Administración Electrónica
Trámites económicos na Internet
Factura electrónica
Tramitación electrónica e xestión de documentación
Seguridade en compras virtuais
Innovación social

Máis información: Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Teléfono: 981 957 136
oficinacemit@xunta.es

Clases de español gratuítas para estranxeiros. AIDA

Convoca: Asociación AIDA. Asociación para la integración y el desarrollo del africano.
Contido: Clases gratuítas de español para estranxeiros, preferentemente de orixe africana. Deberán contactar previamente coa asociación.
Máis información: AIDA. c/ Hispanidad 57, bajo, 1ºA. Vigo.

Tel:  886 16 38 69  /  632 00 49 47  /  665 785 553.

igualdade

CURSOS INTENSIVOS INGLÉS

Xa dominas o inglés? ¿Necesitas acreditar un nivel oficial de inglés? En Aika empezamos en xaneiro os cursos intensivos de preparación dos exames oficiais da Universidade de Cambridge para a Convocatoria de xuño/xullo nos niveis intermedios e avanzado: PET, First Certificate e Advanced.

Durante 6 meses prepararemos exhaustivamente os exames de cada nivel coa finalidade de que o alumno/a supere o exame de certificación sin apuros, grazas a un profesorado nativo e bilingüe con amplia experiencia na preparación dos exámes oficiais de Cambdrige.

Se queres coñecer o teu nivel de inglés real podes solicitarnos unha proba de nivel gratis e sen compromiso. Esta proba a realizan todos os  nosos alumn@s para poder adecuarlos a un grupo homoxéneo e das súas características. Durante este intensivo temos un desconto do 20% na mensualidade dos cursos de idiomas.

¿Queres coñecer máis ventaxas? Por exemplo: matrícula gratuita, material propio, grupos reducidos, atención personalizada… Come on! Infórmate no  teléfono 886112484 ou bien a través da web http://www.aikaformacion.com/

CURSO INGLÉS A DISTANCIA

That´s English ofrécete a mellor forma de chegar moi lonxe co teu inglés e conseguir un título oficial da escola oficial de Idiomas sen moverte de casa. Podes facer a túa proba de nivel on line.

Prezo: 182€ curso (algunhas comunidades autónomas aplican tasas adicionais. Consulta web da túa escola Oficial)

Máis información na escola oficial de idiomas en thatsenglish.com ou chamando gratis ao 900103516
http://www.thatsenglish.com/

Logotipo cabecera