Lúdicos

Obradoiros de teatro

Convoca: Teatro Aforo

Contido:

Cursos monográficos de teatro no teatro Aforo.

Datas:

-10 a 14 de xullo:Interpretación ante la cámara y Danza natural y exploración libre.

-17-21 de xullo: Introducción a la interpretación y danza contact.

-24 al 28 de xullo: Introducción a la interpretación.

-31 de xullo a 4 de agosto:Teatro musical

-14 ao 18 de agosto:Introducción a la  interpretación y danza contact.

-21 ao 25 de agosto: curso de interpretación e curso de clown.

Prezo: 85 euros (con descontos para familias,parados e xubilados)

Máis Información: 625 372 883

OBRADOIRO DE XESTIÓN EMOCIONAL

Convoca: Concello de Vigo

Contido:

Lugar: OMD Casco Vello (rúa Oliva,12)

Datas: do 18 de xullo ao 19 de agosto (martes e xoves)

Hora: 10.30 a 12.30 horas.

Primeiras sesións aicadas a nais e pais, os dias restantes serán para crianzas ata 10 anos.

Máis Información: 986 222 328 //670 453 431

Obradoiro de brico estanques

Data: 8 de xullo

Lugar: Fundación Sales (Avda. Europa,52)

Horario: de 10 a 19.00 horas

Actividades: manexo de auga,peixes, prantas etc.

Prezo: 35 euros para socios e 40 euros para non socios

Máis Información: 986 24 08 82

Curso básico de lingua de signos

Convoca: Synthesis

Contido:

Próximo Curso en xullo . Prazo de inscrición ata o 26 de xuñoDescarga o programa: https://goo.gl/KrkvsV
e o formulario de preinscrición: https://goo.gl/Ce3qzL
Duración: 20 horas.
Prezo: 70,00 €
+ info e inscriciones ata el 26/06 en:
986116289.
645971858.
info@synthesis.com.es

Obradoiro para nenos/as de 8 a 12 anos.

Convoca: Concellería de Normalización Lingüística e AAVV Novo Vigo

Contido: Obradoiro para nenos/as de 8 a 12 anos.

Datas: 8 e 12 de xullo

Hora: de 11.00 a 13.00 horas

Lugar: AAVV  Novo Vigo

A inscrición comeza o 12 de xuño  mediante correo electrónico info@avvnovovigo.org

Máis información: snl.vigo.org

 

 

Cursos monográficos de teatro

Convoca: Concello de Vigo e Escola Municipal de Teatro

Contido: a Concellería de Educación do Concello de Vigo, a través da escola municipal de teatro convoca os seguintes obradoiros de verán 2017:

-TEATRO EN INGLÉS: Do 3 ao 19 de xullo de 10.00 a 13.00 horas para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos.Prezo 45 euros.

-TEATRO DOS SENTIDOS: Do 10 ao 14 de xullo de 17.00 horas a 21.00 horas,para maiores de 15 anos.Prezo 25 euros.

As preinscripcións pódense facer do 29 de maio ao 22 de xuño, nas instalacións da EMT (Avda. De Castrelos,87), en horario de 17.00 a 20.30 horas de luns a xoves de 17.30 a 19.30 horas.

Máis Información: 986 485 324

Obradoiro percusión africana

Contido: clases de percusión africana,ritmos,instrumentos,cultura etc, co mestre Alou Tama (percusionista profesional de Senegal)

Horarios: martes de 20.15 a 21.30 horas

Prezos: 35 euros ao mes ou 15 euros por clases soltas

Máis Información: 660 741 675 // 682 395 333

 

Obradoiro de autoestima,comunicación e resolución de conflictos

Convoca: Asociación de Redes de mulleres veciñais contra os malos tratos

Contido: Obradoiro de autoestima,comunicación e resolución de conflictos.

Lugar: Centro de Visitantes do PNIAG (Oliva,3)

Datas. 23 de maio ao 22 de xuño

Duración: 30 horas

Máis información: 986 222328 // 670453431

Obradoiro de ilustración e banda deseñada

Convoca: Aula D

Contido:Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos da ilustración e da banda deseñada.

Non é preciso dispoñer de coñecementos previos para realizar este curso. Nas primeiras clases abordaranse os contidos máis básicos e progresivamente iranse introducindo outros máis específicos para rematar cun nivel óptimo para todo o alumnado.

O curso ten unha duración total de 42 horas.
Dá comezo o 15 de maio e remata o 3 de xullo. As clases impartiranse os luns e os mércores en horario de tarde, de 18:00h a 21:00h.

Unha vez rematado o curso o alumnado recibirá un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

Prezo Xeral : 270 euros

Alumnado de Aula D ou menores de 18 anos : 195 euros

Exalumnado de Aula D ou persoas desempregadas : 230 euros

A matriculación queda formalizada efectuando o pago do importe das taxas (ou a primeira mensualidade), en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, Vigo) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857) indicando nome do alumno/a e curso.

Máis información: Aula D

Obradoiro de autoprotección das mulleres

Convoca:Casa das mulleres

Contido: Dirixido a mulleres maiores de 18 anos

Obxectivos e contidos:

O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permita mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que lles poida acontecer na súa vida particular.

No transcurso das sesións formativas as alumnas aprenderán a identificar situacións de risco; estar alerta ante tentativas de agresión; aprenderán e practicarán habilidades, técnicas e recursos para a súa protección e defensa… Esta formación permitiralles mellorar a súa capacidade de reacción, a súa autoestima e a súa confianza persoal.

O primeiro día do obradoiro realizarase unha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección desde unha perspectiva de xénero, que será impartida pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

As seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local.

Datas: 25, 29, 30, 31 de maio e 1, 5, 6, 7 e 8 de xuño. 9 sesións. 18 horas

Horario: 16:00 a 18:00h

Lugar: Casa das Mulleres e instalacións da Policía Local. Concello de Vigo

Prazo e requisitos para a inscrición:

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizasen esta formación con anterioridade.

Inscrición previa desde o venres 5 de maio e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.

Cursos de escenografía

Convoca: ESAD

Contido: A ESAD organiza cursiños para centros escolares:

-Imitación á pedra: Cada alumno dispoñerá dunha peza de porexpán para realizar unha imitación usando cutter,lixa,cola e pigmentos de varias cores.

-Imitación á ladrillo

-Imitación máscara: Realizarase un molde de venda de escaiola a un alumno por parellas e logo se fará un positivo en escaiola para que poidan traballar unha máscara teatral con papel de periódico e cola.

A ter en conta:

-Duración aproximada de cada cursiño: 1,5 horas

-Poden facerse ambos cursiños o un só deles.

-Non é necesario que o alumnado achegue material pero hai que avisar do numero de participantes.

Máis Información: departamentoescenografia@gmail.com

Curso de salsa

Convoca: Estudio 57

Contido:

Novo cursos de iniciación á salsa os mércores ás 21.15 a 22.15 horas.Non é preciso traer parella.

Prezo: 15 euros

Lugar

Prazas limitadas.

Máis Información:www.std57.es // 647 846 920

Clases de música

Convoca: Carlos Segovia

Contido: Carlos Segovia oferta clases de jazz,Blues,Improvisación e armonía con material pedagóxico propio (libro e cd).

Máis Información: www.segoviajazz.blogspot.com // 629043426

Cursos de cociña

Convoca: Afundación

Contido: Afundación organiza no mes de febreiro un programa de cursos de cociña destinados a diferentes públicos e impartidos por Montse Alonso.

Entre eles destaca un especial plato de cazuela e cuchara,outro de cociña italiana e outro para principiantes.

As inscricións a través da ataquilla.com ou no telefono: 902 504 500

 

OBRADOIRO DE ESCRITURA:ESCRIBIR A NOSA HISTORIA

Convoca: Concellería de Igualdade

Contido: Obradoiro destinado a mulleres maiores de 18 anos.

Datas: do 14 de febreiro ata o 13 de xuño todos os martes en horario de 18.00 a 20.30 horas.

Lugar: Casa das Mulleres

Obxectivos:

  • Propiciar a visibilidade do colectivo de mulleres
  • Favorecer o empoderamento da nosa expresión
  • Fortalecer a identidade.

Obradoiro gratuíto.

Preferencia para persoas empadroadas en vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.

Inscricións dende o 27 de xaneiro ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade (1º andar da Casa do Concello).

OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO TEATRO E IMPROVISACIÓN

Convoca: Concellería de Igualdade

Contido: Obradoiro destinado a mulleres maiores de 18 anos.

Datas: do 13 de febreiro ata o 12 de xuño todos os luns en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Lugar: Casa das Mulleres

Obxectivos: Potenciar a expresión corporal, a memoria,o sentido espacial e a sensibilidade artística.Aumentar a motivación e as habilidades de comunicación,mellorar a fala e a pronunciación,potenciar o traballo en equipo nun clima de cooperación.

Obradoiro gratuíto.

Preferencia para persoas empadroadas en vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.

Inscricións dende o 27 de xaneiro ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade (1º andar da Casa do Concello).

OBRADOIRO PINTURA E XÉNERO

Convoca: Concellería de Igualdade

Contido: Obradoiro destinado a mulleres maiores de 18 anos.

Datas: do 13 de febreiro ata o 12 de xuño todos os mércores en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Lugar: Casa das Mulleres

Obxectivos:Introdución na práctica da pintura e o debuxo experimentando coas técnicas e o procedemento que permita a expresión e facilite a autonomía creadora.Achegamento  á historia da arte e a historia da pintura dende unha perspectiva crítica, analizando o modelo dominante.Coñecemento de mulleres pintoras e a súa obra.

Obradoiro gratuíto.

Preferencia para persoas empadroadas en vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.

Inscricións dende o 27 de xaneiro ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade (1º andar da Casa do Concello).

 

Curso de comunicación Lingua de signos

Convoca: Az Formación

Contido: Az Formación propón un curso de lingua de signos destinado a persoas con coñecementos básicos da lingua de signos.

Lugar: Rúa Salvaterra,11

Horario : luns de 16.30 a 17.30 horas.

Prezo: 18 euros ao mes.

Máis Información: 656830810

 Obradoiro de fotografía

Convoca: Espazo Coworking

Contido: Obradoiro de fotografia con clases teóricas e prácticas para sacarlle partido a tua cámara.

Durante os meses de febreiro e marzo .

Os xoves en horario de 20.30 a 21.30 horas aprenderase teoría e os domingos de 11.00 a 13.00 horas a parte práctica.

O prezo é de 140 euros e inclúe manual e certificado ao rematar o curso.

Lugar: Co-working Vigo (rúa Pontevedra,1,2º)

Máis Información: 699252707 // info@foxspain.com

Curso de danza africana

Convoca: Asociación Cultural ALLATANTOU

Contido: Deixamos o convite para o IIº Curso de Danza Africana organizado pola Asociación Cultural  ALLATANTOU Galiza .. A formación culminará nun espectáculo final coa  participación do alunado que asista ás tres sesións .

Este curso inclúe formación de danza tradicional de herdanza Mandigue , os domingos,  así como formación no método MAE – Movement of African Expression –  os sábados.

Perfecciona a túa danza, técnica e estilo,  nun sistema de aprendizaxe completo, que inclúe:

– Danzas de referencia/ repertorio;
– Acondicionamento físico;
– Improvisación/ preparación  de solos;
– Danza con doundoun;
– Preparación para palco;
– Consciencia corporal, expresiva e vivencial;
As datas son:

1ª Sesión| 28  e 29 Xaneiro (5 horas)
Sábado: 16h30/19h00
Domingo: 11h30/14h00

2ª Sesión| 11 e 12 Febreiro (5 horas)
Sábado: 16h30/19h00
Domingo: 11h30/14h00

3ª Sesión| 11 e 12 Marzo (10 horas)
Sábado 11h30/14h00  e 15h30/18h00
Domingo: 11h30/14h00 e 15h30/18h00

1 Módulo (3 sesións/10 horas): 90€
Curso completo (20 horas): 150€
(Pagamento en 2 fases: 1º en xaneiro -2ª na sesión de febreiro)

*Despois da data límite:
3 sessoes: 110€
Curso completo: 180

Info: allatantougaliza@gmail.com // Telf.: 697 54 57 01

Clases de tango arxentino

Convoca: Café de Catro a catro

Contido: Karina Inés More,profesora argentina de tango imparte clases de este baile aos interesados neste baile arxentino.Hai dous turnos a escoller: ás 18.00 horas os principiantes e ás 19.00 horas os máis experimentados.

Máis Información: 886 31 93 73

Cursos de música

Convoca: Música La Carta

Contido: Clases de música no centro de Vigo.Infórmate sobre instrumentos,arranxos,armonía e improvisación.Tamén aulas de canto.

Máis Información: 629043426 // 609279545 (canto)// vigocarta@gmail.com

 Cursos Espacio Simia

Convoca: Simia Espacio

Contido: Simia Espacio organiza como cada ano unha nova proposta de cursos.Entre as novas propostas están: caracterización e efectos especiales en maquillxe,técnica vogal grupal,ilustracióndixital,microteatro,cociña vegana,edición de vídeo,coro Show,Tattoo,improvisación teatral,dibuxo para comic,maquetación web,guitarra,ioga,guión para cómic y after effects.

Cursos para todas as idades e diferentes prezos,todos eles dirixidos por diferentes profesionais no tema.

Máis Información: www.simiaespacio.com

 

Logotipo cabecera