Información sobre Cursos e Obradoiros

Outros emprego

Prevención de riscos laborais. Ovalmi

Contido: A Asociación de Empresarios do Val Miñor (Ovalmi) organiza dous cursos de prevención de riscos laborais, necesarios para traballar no sector da construción:

–  Impartirase un básico de 60 horas (20 presenciais e 40 on line) cun  prezo de 150 euros para   os socios e 190 para os alleos.

–  Impartirase un específico para as tarefas de carpintería de 6 horas cun coste de 55 e 75 euros respectivamente.

As clases desenvolveranse na praza Rosalía de Castro de Nigrán.

Máis información e inscricións: 986 366 730

Accións formativas. Consellería do Mar

Contido: A Consellería do Mar organiza 120 accións formativas que permiten obter titulacións profesionais e certificacións de especialidade con destino ao sector pesqueiro e que son necesarias para o exercicio da actividade profesional náutico-pesqueira.

As accións formativas comezarán o 18 de novembro en Muros e prolongaranse ata finais de novembro de 2017.

Cursos: haberá cursos de mariñeiro pescador, de formación básica en seguridade, de patrón local de pesca, de formación sanitaria e de operador do sistema mundial de socorro e seguridade marítimos restrinxido (GMDSS). Tamén se contemplan cursos avanzados de loita contra incendios e de embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos.

Ata agora os cursos que están confirmados son os seguintes (o resto iranse concretando en función das demandas do sector das distintas confrarías do litoral):

Cursos en portos

Patrón local de pesca

-Do 21/11/2016 ao 20/12/2016  (Confraría Lira)

Operador restrinxido SMSSM

-Do 18/11/2016 ao 29/11/2016 (Confraría Muros)

-19/11/2016 ao 30/11/2016 (Confraría Aldán)

-01/12/2016 ao 14/12/2016 (Confraría Illa de Arousa)

-02/12/2016 ao 15/12/2016 (Confraría Vilanova de Arousa)

-09/01/2017 ao 19/01/2017 (Confraría Redondela)

Formación sanitaria inicial

-14/12/2016 ao 17/12/2016 (Confraría Vilanova de Arousa)

-30/11/2016 ao 03/12/2016 (Confraría Illa de Arousa)

Actualización formación sanitaria inicial

-14/12/2016 ao 17/12/2016  (Confraría Redondela)

Cursos na aula seguridade de salvamento da escola oficial náutico pesqueira Ferrol

Actualización formación básica en seguridade

-14/12/2016 ao 15/12/2016

-12/12/2016 ao 13/12/2016

Avanzado en loita contra incendios

-28/11/2016 ao 30/11/2016

-19/12/2016 ao 21/12/2016

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos

-12/12/2016 ao 14/12/2016

-15/12/2016 ao 17/12/2016

Requisitos: poderán beneficiarse as persoas que queren exercer ou exercen a súa actividade laboral no ámbito do mar e asociados das confrarías.

Inscricións: nas confrarías de pescadores ou no servizo de ensino e titulacións náutico-pesqueiras da Consellería do Mar

Máis información: premer aquí

Manipulador de alimentos. Ecca

Contido: Radio Ecca organiza tres cursos de manipulador de alimentos o día 15/12/2016 en horario de 16:00 a 19:00 horas cun prezo de 20 euros.

Máis información: 986 22 73 15 / 610 378 002 / vigo@radioecca.org

Formación 2016-2017. A Aixola

Contido: O Centro de Formación A Aixola oferta cursos gratuítos de carpintería de ribeira, velería e acastillaxe, técnicas innovadoras en composites e madeira, mecánica e instalación de motores en embarcacións de baixura, confección e mantemento de artes e aparellos ….. etc

Máis información: premer aquí

 Cursos gratuítos. Oficinas Municipais de Distrito

Contido: As Oficinas Municipais de Distrito organizan cursos gratuítos de internet básico e compras por internet para empadroados/as no Concello de Vigo.

Máis informaciónpremer aquí

Cursos informática. Aula Cemit

Contido: Aula Cemit Vigo organiza os seguintes cursos gratuítos de setembro a decembro de 2016:

– Compras seguras en internet. Básico

– Aprende a usar el smarthphone

– Informática e internet básicos

– Correo electrónico gmail: iniciación

– Folla de presentacións impress. Nivel básico

– Facebook. Nivel básico

– Folla de cálculo Calc. Nivel básico

– Folla de texto writer. Nivel básico

Máis información: premer aquí

 Programación setembro-outubro. Gadepro

Contido: Gadepro Formación e Consultoría organiza cursos de manipulador de alimentos, carretilleiro, riscos xenéricos do sector naval, traballos en altura …

Máis información: premer aquí

Cursos 2º semestre. Cámara Comercio Vigo

Contido: Consulta os cursos do 2º semestre da Cámara de Comercio de Vigo: premer aquí

 Cursos prevención riscos laborais. Nivel básico (en liña)

Contido: Consulta os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico modalidade en liña de ISSGA: premer aquí

 Cursos acreditados profesións sanitarias

Contido: Consulta o catálogo de cursos acreditados pola formación de comisión continuada das profesións sanitarias: premer aquí

Cursos Foro Formación 2016

Contido: Consulta o catálogo de accións formativas de Foro Formación do 2016: premer aquí

Cursos Formega

Consulta os cursos de Formega de riscos laborais: sector naval; robótica; carretilla elevadora… : premer aquí

Logotipo cabecera