Cursos español persoas inmigrantes

spain-653008_960_720Contido: Convocatoria  de 4 edicións de cursos de español para persoas inmigrantes, ata un máximo de 60 prazas (15 por edición) para a preparación do DELE (Diploma de español lingua estranxeira) A2 do Marco Común Europeo  de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.

Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:

1.ª edición. Pazo da Deputación
•  Datas: do 18 de setembro ao 6 de outubro
•  Número de horas: 40
•  Horarios:
— do 18 ao 29 de setembro, de 17:30 a 20:30 h
— do 2 ao 6 de outubro, de 18:30 a 20:30 h
•  Número máximo de participantes: 15

2.ª edición. Oficina da Deputación en Vigo
•  Datas: do 18 de setembro ao 6 de outubro
•  Número de horas: 40
•  Horarios:
— do 18 ao 29 de setembro, de 17:30 a 20:30 h
— do 2 ao 6 de outubro, de 18:30 a 20:30 h
•  Número máximo de participantes: 15

3.ª edición. Oficina da Deputación en Vigo
•  Datas: do 18 de setembro ao 6 de outubro
•  Número de horas: 40
•  Horarios:
— do 18 ao 29 de setembro, de 9:30 a 12:30 h
— do 2 ao 6 de outubro, de 9:30 a 11:30 h
•  Número máximo de participantes: 15

4ª edición. Oficina da Deputación en Vigo
•  Datas: do 27 de novembro ao 20 de decembro (sen clase o 6, 7 e 8 de decembro)
•  Número de horas: 40
•  Horarios:
— do 27 de novembro ao 13 de decembro, de 17:30 a 20:30 h
— do 14 ao 20 de decembro, de 18:30 a 20:30 h
•  Número máximo de participantes: 15

Datas exame: Tras finalizar estas edicións o alumnado dos cursos presentarase ao exame do DELE que levará a cabo o Instituto Cervantes en Vigo, o 25 de novembro para as persoas candidatas da 1.ª, 2.ª e 3.ª edición e en febreiro (data sen confirmar) para as da 4.ª edición.

Requisitos:

•  Necesitar presentarse ao exame do DELE para a obtención da nacionalidade española
•  Ser maior de 16 anos
•  Estar empadroada ou empadroado nun concello da provincia de Pontevedra
•  Atoparse en situación administrativa regular en España
•  Non contar con dispensa do Ministerio de Xustiza para a realización da proba DELE
•  Saber ler e escribir
•  Ter coñecementos básicos de lingua española. O nivel do curso será o do A2 do MCER

Prazo: Dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP (17/07/2017) e rematará o 16/08/2017

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera