CURSOS GRATUÍTOS DE ESPAÑOL PARA INMIGRANTES

O obxecto desta convocatoria é poñer en marcha tres edicións de cursos de español para persoas inmigrantes, ata un máximo de 60 prazas (20 por edición), para a preparación do DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo Instituto Cervantes.
As persoas destinatarias son inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que necesiten preparar o exame do DELE A2 para obter a nacionalidade española.

Daráselles prioridade ás que se atopen preparando as probas do exame de certificación de nivel A2 a través dunha entidade de iniciativa social rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (Decreto 254/11, de 23 de decembro, publicado no DOG de 20 de xaneiro de 2012).

Os cursos terán lugar nas seguintes localidades e datas:

1.ª edición. Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra
Datas do curso: do 21 de maio ao 5 de xuño de 2018
Datas de repaso: 10 e 11 de setembro de 2018
Número de horas: 40
Horario: Do 21 de maio ao 5 de xuño: de 9.30 a 12.30 h 10 e 11 de setembro: de 9.30 a 11.30 h
Número máximo de participantes: 20

2.ª edición. Sede da Deputación en Vigo
Datas do curso: do 21 de maio ao 5 de xuño de 2018
Datas de repaso: 10 e 11 de setembro de 2018
Número de horas: 40
Horario: Do 21 de maio ao 5 de xuño: de 16.00 a 19.00 h 10 e 11 de setembro: de 16.00 a 18.00 h
Número máximo de participantes: 20

3.ª edición. Sede da Deputación en Vigo
Datas do curso: do 17 de setembro ao 2 de outubro de 2018
Datas de repaso: 5 e 6 de novembro de 2018
Número de horas: 40
Horario: Do 17 de setembro ao 2 de outubro: de 9.30 a 12.30 h 5 e 6 de novembro: de 9.30 a 11.30 h
Número máximo de participantes: 20

+info: DIARIO OFICIAL DE PONTEVEDRA

Logotipo cabecera