Cursos gratuitos de informática a distancia

ordenadorAxencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia gratuitos de diferentes temáticas relacionadas coas TIC (alfabetización dixital, capacitación dixital e innovación social), e que están aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT.

Os cursos, dunhas 4-10 horas de duración cada un deles, van estar abertos e vanse a poder realizar libremente e en calquera momento, sen necesidade de realizar convocatorias previas ao non estar titorizados.

Unha vez seguido todo o material que conforman o/s curso/s activaraselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar obrigatoriamente de forma presencial nun aula CeMIT;  unha vez superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:

Control parental
Seguridade informática
Uso do libro electrónico
Uso da tableta
Uso da cámara dixital
Uso dos dispositivos electrónicos
O correcto aproveitamento dos smartphone
Cloud computing
Comercio electrónico
Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
Vendas no muro
Posicionamiento social
Creación de blogs
Redes sociais
Administración Electrónica
Trámites económicos na Internet
Factura electrónica
Tramitación electrónica e xestión de documentación
Seguridade en compras virtuais
Innovación social

Máis información: Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Teléfono: 981 957 136
oficinacemit@xunta.es

Logotipo cabecera