CURSOS PREPARATORIOS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

Convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4 (ED104B).

Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1 e 4).

Segundo. Persoas destinatarias Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

+info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Logotipo cabecera