DepoRutas BTT

As DepoRutas 2017 son dúas rutas circulares para bicicleta de montaña que combinan a práctica deportiva coa descuberta da paisaxe e da etnografía das vilas interiores da provincia de Pontevedra. A DepoRuta Sabucedo achéganos á comarca de Tabeirós-Terra de Montes e a DepoRuta Pontillón do Castro lévanos ao monte Acival, que ofrece unhas fantásticas perspectivas dos concellos que se atopan nas súas faldras: Pontevedra, Moraña, Campo Lameiro e Barro.

Cun percorrido de 30 quilómetros, as rutas presentan un nivel de dificultade alcanzable para as persoas que se están a iniciar na bicicleta de montaña. Tamén están dirixidas a aquelas persoas que queiran descubrir novos espazos nas que practicar ciclismo.

+info: www.depo.es

Logotipo cabecera