Descobre o Portal Europeo da Mocidade

O portal Europeo da mocidade proporciona información e oportunidades para os mozos en Europa.
Animámosche a utilizar o Portal Europeo da Mocidade para que atopes de forma sinxela todos os recursos que necesitas.
Este sitio contén noticias, eventos e artigos de fondo, con información e oportunidades sobre Europa. Vai dirixido a mozos, de entre 13 e 30 anos, que buscan recursos sobre temas que lles preocupan, asi como orientación relacionada con todas as oportunidades dispoñibles na Unión Europea.
O Portal Europeo da Mocidade foi desenvolvido pola Comisión Europea, en colaboración coa rede europea de organizacións nacionais de Eurodesk, como principal proveedor de información sobre políticas e oportunidades para os mozos europeos e para os que traballan con eles.
Todos os temas que che interesan
Voluntariado, Traballo, Aprendizaxe, Participación, Cultura e Creatividade, Saúde, Inclusión Social, Pensamento Globlal, e Viaxar son as áreas temáticas do Portal Europeo da Mocidade. Conta, ademais, cun apartado dinámico de actualidade e eventos, para que esteas informado de todas as convocatorias e novidades que che poidan interesar ao longo e ancho de Europa.
Un dos apartados protagonistas da web é o do Voluntariado, cun espazo propio dedicado ao Servizo de Voluntariado Europeo.
http://europa.eu/youth/EU_es

Logotipo cabecera