DESCUBRINDO A U2

Regresa de novo á cidade de Vigo o ciclo Rock en Familia. Despois de lembrar este mesmo ano na primavera a grupos como Queen, AC/DC ou The Beatles, neste momento chegan a Vigo os tributos doutras bandas como son The Rolling Stones, Iron Maiden ou U2.

Os diferentes eventos que se realizan durante o ano están enfocados a todas esas persoas que teñen interese por lembrar os mellores clásicos das diferentes épocas do rock.

Ademais as actuacións están pensadas para todos os públicos, por iso o ideal é acudir con toda a familia e acompañados dos máis pequenos para que aprendan sobre esta cultura musical e vivan a experiencia da historia e dos inicios do Rock & Roll.

O 19 de novembro chega a Vigo a oportunidade de gozar en directo das mellores cancións de U2. As interpretacións musicais as realiza o tributo U2Band en directo.

+info: VENTA ENTRADAS

Logotipo cabecera