Información sobre Emprego

Acreditacións

Definición| Competencias profesionais e unidades de competencia | Fases | Requisitos | Inscrición | Acredita | Enlaces de interese

 


Definición

É o sistema que permite demostrar que estás capacitado/a para desenvolver unha actividade profesional na que tes experiencia e conseguir unha acreditación oficial.

Podes acreditar as unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións que estean incluídas en títulos de formación profesional e/ou en certificados de profesionalidade

Cada unidade de competencia será a unidade mínima de acreditación.

Competencias profesionais e unidades de competencia

As competencias profesionais dunha persoa reflicten o conxunto de coñecementos e capacidades que lle permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da produción e o emprego.

Estas competencias poden adquirirse mediante formación ou por experiencia laboral.
O conxunto de unidades de competencia con significación para o emprego constitúen unha cualificación profesional.

Unha persoa está cualificada cando no desenvolvemento do seu traballo obtén uns resultados que están ao nivel demandado polo sistema produtivo.

 Fases

 

 
O procedemento consta de tres fases:
 
Asesoramento
  • Axúdanche a completar o cuestionario de autoavaliación se non o realizaches previamente
  • Analizan o teu historial profesional e formativo e contrástano co referente (CNP)
  • Se é necesario, axúdanche a completar a documentación achegada, para configurar o teu informe de competencias
  • Emiten un informe orientativo sobre a conveniencia ou non de pasar á seguinte fase de avaliación
  • Decides se continúas ou non no procedemento
  • No caso de non continuar, indícanche que formación complementaria necesitas para acreditar as túas competencias e os centros (CCAA) onde podes recibila
Cuestionarios de autoavaliaciónpremer aquí
Avaliación
  • A Comisión de Avaliación analiza e valora o teu informe de competencias e o informe emitido na fase de asesoramento
  • Planifican e organizan a túa avaliación, seleccionando os métodos e actividades máis axeitadas ao teu caso
  • Demostras as competencias profesionais ás que te presentas, realizando as actividades de avaliación xa planificadas
  • Infórmante sobre os resultados da túa avaliación
  • Se non obtés a acreditación, deséñanche un plan de formación sobre as posibilidades de formación das competencias que queres acreditar en posteriores convocatorias e as posibilidades da formación conducentes a certificados de profesionalidade ou títulos de formación profesional
Acreditación
 
Se superas o proceso de recoñecemento, expídenche:
  • Unha acreditación parcial de cada unha das unidades de competencia (UC) que demostraches no proceso
  • Un certificado de profesionalidade se demostras competencia en todas as UC da cualificación pola que optaches
  • Os teus datos transfírense a un rexistro nominal e por UC
  • Infórmante sobre os efectos das acreditacións obtidas
  • A administración educativa validará os módulos profesionais asociados a cada UC acreditada
  • A administración laboral realizará a expedición dos módulos formativos asociados a cada UC acreditada

Requisitos

  1. Ter a nacionalidade española, ter obtido o certificado de residente comunitario ou ter tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de extranxeiría e inmigración.
  2. Ter 18 anos cumpridos si se quere acreditar unidades de competencia dunha cualificación profesional de nivel 1 ou 20 anos cumpridos si se quere acreditar unidades de competencia dunha cualificación profesional de nivel 2 ou 3
  3. Ademais tes que cumprir, cando menos, un dos dous requisitos seguintes:
  • Ter unha experiencia laboral relacionada coa convocatoria de 2 ou 3 anos (1200 ou 2000 horas mínimas traballadas)
  • Ter realizado actividades de formación nos últimos 10 anos relacionadas coa convocatoria cunha duración de 200 ou 300 horas.

Inscrición

 Cando saia unha convocatoria podes inscribirte acompañando, á solicitude, o teu historial profesional e formativo
 Consulta de convocatorias: premer aquí

Acredita

ACREDITA é a ferramenta que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pon a túa disposición para comprobar que podes obter da Acreditación de Competencias e de que modo podes conseguir unha titulación oficial. premer aquí

Enlaces de interese

Logotipo cabecera