Información sobre Emprego

Estranxeiro

Eures: Definición | Web | Conselleiro Eures

Guías por países

Axencias privadas

Páxinas web

Buscar emprego tanto no teu propio país como no extranxeiro, require un investimento de tempo e de esforzo. En toda procura de emprego é preciso, en primeiro lugar, unha ampla batida por toda a información dispoñible, despois elixir e decidirse.
Opcións de búsqueda de emprego en Europa:

EURES

Definición


Eures (Servizos Europeos de Emprego) é unha rede de cooperación destinada a facilitar a libre circulación dos traballadores no marco do Espazo Económico Europeo.

Entre os socios da rede encóntranse os servizos públicos de emprego, sindicatos e organizacións patronais.

A Comisión Europea coordina a rede.

 Web

Web Eures: premer aquí (permite buscar ofertas de emprego en Europa e crear o teu currículo en liña)

Conselleiro Eures
 

Os conselleiros Eures son especialistas formados que prestan os tres servizos básicos de Eures: información, orientación e colocación, tanto ás persoas solicitantes de emprego coma a empresarios/as interesados/as no mercado laboral europeo.

Conselleiro Eures Vigo
Centro de apoio ao empregador. Ronda Don Bosco 1. 36202 Vigo

Teléfono: 986 817 747

 GUÍAS POR PAÍSES

Ofertas de traballo, cv e carta de presentación, información útil, mercado de traballo, guías por países: premer aquí

AXENCIAS PRIVADAS

Características:

– Son privadas (os gastos de xestión dependen da axencia, país de destino, programa elixido)

– Teñen as súas sedes centralizadas en Madrid e Barcelona aínda que contan con delegados en toda España e nos países de destino, que son os que concertan as entrevistas cos distintos empregadores

– Programas: traballo, au-pair, prácticas, work and study, cursos

– Os programas van dirixidos a mozos e mozas con idades comprendidas entre 18 e 35 anos

– Buscan emprego de au-pair e relacionados coa hostalería (camareiro/a, recepcionista, botóns, cociñeiro/a …) tendo en conta o nivel de idiomas da persoa traballadora

– A viaxe é por conta do/da participante

– Os programas desenvólvense en diferentes países estando máis centralizados en Inglaterra e Irlanda

Relación de axencias privadas: premer aquí

PÁXINAS WEB

Traballar polo mundo: premer aquí
Oportunidade Europa: premer aquí
Ingalicia: premer aquí

Logotipo cabecera