Laboral
SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL: Definición
FESTAS LABORAIS 2015
NÓMINA: Definición | Salario bruto/Salario neto | Partes da nómina
CONTRATOS LABORAIS
CONVENIO COLECTIVO: Definición | Regulamento | Convenios vixentes Galicia
SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL
Definición
O salario mínimo interprofesional (SMI) fixa a contía retributiva mínima que percibirá o traballador referida á xornada legal de traballo, sen distinción de sexo ou idade das persoas traballadoras, sexan fixas, eventuais ou temporais.
O valor que toma o SMI fíxase cada ano polo Goberno, mediante a publicación dun Real Decreto. Para a determinación deste, téñense en conta factores como o IPC, a productividade media nacional alcanzada ou o incremento da participación do traballo na renda nacional
SMI 2015: preme aquí
FESTAS LABORAIS 2015
Relación festas laborais 2015: preme aquí
Festas laborais locais 2015: preme aquí
NÓMINA
Definición
A nómina é o recibo do pago dun salario.
Nela tamén quedan rexistradas as deducións que se realizan sobre o salario, básicamente as cotas á seguridade social e as retencións a conta do IRPF.
Salario bruto/ Salario Neto
Salario bruto: diñeiro total que se paga ao traballador antes das retencións e cotizacións que deben figurar en toda nómina
Salario neto: diñeiro que recibe efectivamente o/a traballador/a
Partes da nómina
Está formada por tres grandes bloques:
1.Encabezado: datos da empresa e do/a traballador/a
Os da empresa son o nome, razón social, domicilio e número da seguridade social.
Os do/a traballador/a son nome e apelidos, número de afiliación á seguridade social e, sobre todo, 3 datos crave: categoría profesional, posto de traballo e antigüidade na empresa.
Tamén figura o período de liquidación da nómina
- O que recibimos: é o 2º bloque dentro da nómina, o dos devengos ou, o que é o mesmo, as cantidades que percibe o traballador por diferentes conceptos.
Hai dous tipos de devengos:
- Os que cotizan á seguridade social (salario base, pagas extras, antigüidade …)
2.Os que están excluídos de cotización (gastos locomoción, dietas de viaxe, indemnizacións ..)
- O que nos descontan: da suma das cantidades anteriores (salario base + complementos + percepcións non salariais) extráese a cantidade total da nosa remuneración (total devengado).
A esa cantidade hai que descontarlle as deducións a conta do IRPF e SS.
A dedución do IRPF aparece expresada cun tanto por cento a descontar do total.
A deduccción da SS divídese en dous conceptos:
– Continxencias comúns: 4,70 % do salario para todos/as os/as traballadores/as
– Desemprego e formación profesional: 1,65 % do salario para traballadores/as con contrato indefinido e 1,7% para os/as que teñen contrato temporal
CONTRATOS LABORAIS
Guía de contratos (setembro 2014): preme aquí
CONVENIOS COLECTIVOS
Definición
Un convenio colectivo é un acordo entre representantes das empresas (patronal) e os/as representantes dos/das traballadores/as (sindicatos) como resultado dunha negociación colectiva en materia laboral.
No convenio colectivo, empresarios/as e traballadores/as regulan as condicións de traballo e produtividade, e como contrapartida páctanse unha serie de obrigas.
Os convenios colectivos obrigan a empresarios/as e traballadores/as, afectados dentro do seu ámbito de aplicación, durante todo o período de vixencia deste.
Para delimitar os ámbitos de aplicación, temos que diferenciar sempre que convenios son empresariais ou de sector.
O convenio de empresa é o acordado dentro dunha empresa determinada, afectando aos traballadores e traballadoras desta.
O convenio de sector é o que afecta a empresas e traballadores/as dun sector ou actividade determinada, como a construción, hostalaría, comercio, naval ….
Regulamento
Os convenios colectivos teñen que conter acordos que respecten a lexislación laboral vixente en todos os seus extremos.
Regularán materias de índole económica (salario, pagas extras, axudas…), laboral(modalidades e duración dos contratos, categorías profesionais, réxime disciplinario, condicións de traballo e produtividade, xornada laboral, permisos …), sindical e, en xeral, cantas outras afecten ás condicións de emprego e ao ámbito de relacións dos/das traballadores/as e as súas organizacións representativas co empresario/a e as asociacións empresariais.
Convenios vixentes Galicia
Convenios colectivos vixentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: preme aquí