Erasmus prácticas 2017. Uvigo

Contido: Convocatoria de axudas do programa Erasmus + para prácticas en empresas e institucións para o curso 2017-2018.

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, un mínimo de 65 axudas para realizar prácticas en empresas/institucións situadas noutro dos países da Unión Europea e tamén en Islandia, Liechtenstein, Noruega, Antiga República Ioguslava de Macedonia e Turquía.

As prácticas Erasmus + terán unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12.

Requisitos:

Opción A: Estudante matriculados na Universidade de Vigo

  • Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no momento de solicitar as prácticas e no momento de realizalas, en estudos conducentes á obtención dun título oficial e recoñecido en todo o territorio nacional, de diplomatura, enxeñaría técnica, licenciatura, enxeñaría superior, grao, mestrado ou doutoramento, quedando excluídos da presente convocatoria todos/as os/as estudantes procedentes de institucións estranxeiras que estean a gozar de calquera programa nacional ou internacional de mobilidades na Universidade de Vigo así como os/as estudantes visitantes
  • É necesario ter superado polo menos o 50% dos créditos de que conste a titulación. Este requisito non é aplicable para os alumnos/as de mestrado e doutoramento. No caso de presentar a solicitude antes da apertura de matrícula 17-18, é necesario que os alumnos fagan constar por escrito o seu compromiso de formalizar a súa matrícula na Universidade de Vigo

Opción B: Titulados recentes que soliciten as prácticas durante o seu último ano de estudos

  • Os titulados recentes tamén poderán participar no programa Erasmus + Prácticas, sempre e cando soliciten a súa participación no programa durante o último curso dos seus estudos oficiais na Universidade de Vigo e a súa estadía se leve a cabo no período dun ano dende a súa graduación.

Prazo:

1º Período de solicitude: ata o 30/06/2017 (a opción B deberá presentar a súa solicitude exclusivamente durante este primeiro prazo de presentación de solicitudes)

As prácticas que se soliciten neste período poderán realizarse entre o 01/09/2017 e o 31/08/2018

2º Período de solicitude: do 01/07 ata o 31/10/2017

As prácticas que se soliciten neste período non poderán comezar antes do 15/01/2018

3º Período de solicitude: do 01/11/2017 ata o 31/01/2018 (non se garante dispoñibilidade de bolsas para este período)

As prácticas que se soliciten neste período non poderán comezar antes do 01/04/2018

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera