ERASMUS PRACTICUM DEPO

O goberno de Carmela Silva aprobou a adxudicación de oito bolsas de mobilidade no marco do proxecto da Deputación de Pontevedra “Erasmus + Prácticum Depo 2018”. En concreto serán oito as mozas e mozos de centros educativos dos concellos de Vigo, Tui, Caldas de Reis, As Neves, Moaña e A Estrada, que participarán na primeira mobilidade do proxecto con destino a Italia, Portugal, Malta e Eslovenia.

Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que os alumnos e alumnas que partirán en outubro proceden dos centros educativos CPR Plurilingüe Vigo, IES Indalecio Pérez Tizón, CPR Plurilingüe San Fermín, IES Pazó da Mercé, IES Plurilingüe A Paralaia e IES Antón Losada Diéguez. O seu regreso está previsto para o mes de marzo, xa que a duración máxima das prácticas é de 162 días, máis ou menos cinco meses.

O grupo de mozas e mozos de Vigo, Tui, Caldas, As Neves, Moaña e A Estrada forman parte da primeira mobilidade do proxecto “Erasmus + Practicum Depo 2018” que comezou en xuño de 2018 e rematará a finais de maio de 2020. En total, a institución provincial destina a esta primeira mobilidade máis de 65.000 euros para cubrir os gastos de desprazamento e estancia.

+INFO

Logotipo cabecera