Cesión de espazos

informacionA Concellería de Xuventude conta con salas a disposición de calquera colectivo ou asociación xuvenil, ou mesmo xóvenes a título particular, preferentemente empadroados en Vigo. Esta cesión de espazos está pensada para a realización de actividades diversas como xuntanzas, cursiños internos, ensaios, proxeccións, etc. As salas pódense solicitar para unha sesión ou varias, pero non de xeito permanente.

Débese cubrir o formulario de solicitude correspondente e facelo chegar ao espazo para o que se solicita (Casa da Xuventude ou Vigosónico). Recibirase resposta nun máximo de 48 horas desde a recepción da solicitude.

Salas da Casa da Xuventude

  • Salas: Sala de exposicións (1º andar), Sala de formación (2º andar), Sala de xuntanzas (2º andar) e Sala de ensaios (anexo exterior). Acceso para persoas con problemas de mobilidade ata o primeiro andar.
  • Horario: de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Sábados de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas.
  • Recursos dispoñibles: 30 cadeiras, mesas, sistema de proxección, pizarra e material complementario.
  • Lugar de presentación: Casa da Xuventude

Sala Multiusos de Vigosónico

  • Salas: Sala multiusos (117 m2)
  • Horario: de martes a domingo de 16 a 22 horas.
  • Recursos dispoñibles: 60 cadeiras, escenario, proxector, pantalla (12 m2), mesa, pizarra, etc.
  • Lugar de presentación: Vigosónico
Logotipo cabecera