Estranxeiros: acceso aos Graos USC

SAINT MARTIN D'HERES, FranciaO estudante que posúa un título, diploma ou estudos realizados en países alleos á Unión Europea ou doutros estados cos que non se subscribiron acordos internacionais (ver) que sexan equivalentes aos estudos españois que dan acceso á universidade (bacharelato, técnico superior de formación profesional,…), poden acceder aos estudos oficiais de Grao na USC, homologando os seus estudos ao sistema educativo español.  A cualificación tras a homologación é a nota de acceso aos estudos universitarios.

Os trámites de homologación dos estudos pódense realizar no Ministerio de Educación, Consellerías de Educación das Embaixadas de España no exterior…

Se o domicilio indicado na solicitude atópase en Galicia, pode realizar o trámite a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia

A credencial de homologación é título suficiente para o acceso.  Este ordénase en función da cualificación media obtida, sobre un máximo de 10 puntos.

Non é obrigatorio realizar as Probas de Acceso á Universidade (Xerall e Específica), pero no caso de Graos con moita demanda, a nota de acceso pode superar os 10 puntos

Se desexa aumentar as posibilidades de acceso, pode mellorar a nota media ata 4 puntos, a través da realización da Proba Específica da selectividade. Os estudantes de sistemas educativos estranxeiros, poden facelo a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Si se ten residencia en Galicia pódese facer a dita proba a través daComisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG)

É aconsellable consultar e ter en conta as materias que teñen un maior coeficiente de ponderación para os Graos aos que se desexa acceder.

Unha vez solicitada a homologación, co resgardo acreditativo da mesma, pódese solicitar praza nos graos nos que estea interesado. Esta solicitude ten carácter condicional e un valor de 5 puntos. Esta nota poderá modificarse, cando se resolva a homologación, co valor que lle recoñezan.

É recomendable solicitar praza nos estudos de grao na convocatoria de xuño, ao ser esta preferente sobre a de setembro e porque moitas das titulacións xa cobren a totalidade das súas prazas no primeiro período.

Procedemento de admisión ou Preinscrición

Ten como obxectivo adxudicar as prazas ofrecidas nos estudos de Graos entre quen, cumprindo os requisitos de acceso, as solicitaran.

En Galicia, a solicitude de preinscrición para o acceso á Universidade adóitase realizar no mes de xuño.

O curso académico comeza en setembro e finalizar en xuño.

Matricularse na Universidade.

Unha vez admitido nos estudos, a matrícula realízase a través da páxina web da universidade.

No caso de estar convocado a matrícula e en espera da resolución de homologación, pódese realizar a matrícula de forma condicional.

Ligazóns:

Logotipo cabecera