Información para Estudantes

E. Especiais

Ensinanzas Especiais

 

Acceso e admisión Arte Dramática 2016/17.

Para o acceso ás ensinanzas de grao en Arte Dramática, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á univer­sidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pen­dente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido, e deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo perderán o dereito á matrícula e á praza.

A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, ate 14 de xuño 2016

Para a formalización das solicitudes de admisión, a Escola Superior de Arte Dramá­tica de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas o modelo para o efecto.

Matrícula

O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 14 e 30 de xullo.

Máis información: DOG 28 abril 2016 

Plan estudos e regulación: DOG 01 decembro 2016


Acceso e admisión Deseño 2016/17.

Para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á univer­sidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pen­dente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba, e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza. A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o día 7 maio e o 6 de xuño.

As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 19 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña.

Matrícula

O alumnado que obteña praza poderá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 14 de xullo, ambos os dous incluídos.

Máis información: DOG 09 maio 2016

Plan estudos e regulación: DOG 01 decembro 2016
Escolas de arte e deseño de Galicia pinche aquí

Acceso e admisión Conservación e Restauración de Bens Culturais 2016/17.

Para o acceso ás ensinanzas superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais re quirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pen­dente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba, e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.

A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido ate 0 13 xuño 2016.

As probas específicas de acceso comezarán o día 26 de xuño. O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 10 e 18 de xullo.

Máis información: DOG 09 maio 2016

Plan estudos e regulación: DOG 01 decembro 2016

Acceso e admisión ensinanzas de Música 2016/17.

Para o ac­ceso ás ensinanzas de grao en música, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pen­dente algunha das materias do bacharelato, poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido, debendo acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.

A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40 % da cualificación final da proba de acceso. A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o 6 maio e o día 6 de xuño. As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño. O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

Máis información: DOG 28 abril 2016

Plan estudos e regulación ensinanzas Música: DOG 1 decembro 2016
Oferta educativa conservatorios superiores de música Pinche aquí
Oferta educativa conservatorios profesionais de música Pinche aquí

Acceso e admisión Ensinanzas deportivas 2016/17

Modalidades de acceso.

Acceso aos ensinos deportivos de grado medio. Dispoñer do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grado medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equi¬valente deberá ter 17 anos e superar a proba de madurez, ademais da correspondente proba específica. A proba de madurez poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grado medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Acceso aos ensinos deportivos de grado superior. Dispoñer do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva co¬rrespondiente, ter o título de bachiller, ou equivalentey cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente. O alumnado que non posúa o título de bachiller, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madurez.O prazo de inscripción será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia do día 6 de xullo de 2016.

Máis información: DOG 6 xullo 2016


Acceso e admisión ensinanzas de artes plásticas e deseño 2016/17

Modalidades de acceso

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.

Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equi­valente e superar unha proba específica. Os aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación se­cundaria deberán ter feitos os de­zasete anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica. A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas depor­ tivas, ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño, e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.

Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para efectos académicos, e superar unha proba específica. Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel, ou equivalente deberán ter feitos os dezanove anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño no prazo comprendido desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 19 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio.

Máis información: DOG 16 xuño 2016

Escolas de artes plásticas e deseño de Galicia pincha aquí

Logotipo cabecera