A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos. Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio (o perfil de cada título indica os ciclos de grao medio con preferencia de acceso).
A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
O título profesional básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
Ser proposto/a polo equipo docente
Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro ás 13.00 horas
Publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido: 12 de setembro
Matriculación: do 11 ao 18 de setembro
Máis información: pinche aquí
CENTROS PÚBLICOS
36013448 CIFP Manuel Antonio:
cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es Tel. 986273800
CBHOT01 Cociña e Restauración 20 prazas
CBTCP02 Tapizaría e Cortinaxe 20 prazas
36014568 CIFP Valentín Paz Andrade
cifp.paz.andrade@edu.xunta.es Tel. 886110857
CBTMV01 Mantemento de vehículos 20 prazas
36011579 IES A Guía
ies.guia@edu.xunta.es Tel. 886111003
CBCOM01 Servizos comerciais 20 prazas
36018173 IES de Teis
ies.teis@edu.xunta.es Tel. 886120464
CBIFC01 Informática de oficina 20 prazas
CBIMP01 Peiteado e estética 20 prazas
36011634 IES Politécnico de Vigo
ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es Tel. 986213025
CBELE01 Electricidade e electrónica 20 prazas
36017430 IES Ricardo Mella
ies.ricardo.mella@edu.xunta.es Tel. 886121001
CBELE01 Electricidade e electrónica 20 prazas
CBADG01 Servizos administrativos 20 prazas
CENTROS PRIVADOS E CONCERTADOS
36011853 CPR Daniel Castelao
cpr.daniel.castelao@edu.xunta.es Tel. 986442121
CBELE01 Electricidade e electrónica 20 prazas
CBIFC01 Informática e comunicacións 20 prazas
CBADG01 Servizos administrativos 20 prazas
CBCOM01Servizos comerciais 20 prazas
36010794 CPR Fillas de María Inmaculada
cpr.hijasdemaria.inmaculada@edu.xunta.es Tel. 986423988
CBTCP01 Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel 20 prazas
36016723 CPR Mendiño
cpr.mendino@edu.xunta.es Tel. 986293444
CBADG01 Servizos administrativos 20 prazas
36011361 CPR Plurilingüe San José de la Guía
cpr.sanjose.delaguia@edu.xunta.es Tel. 986376153
CBIFC01 Informática e comunicacións 20 prazas
36011348 CPR San Miguel
cpr.sanmiguel@edu.xunta.es Tel. 986221325
CBELE01 Electricidade e electrónica 20 prazas
CBADG01 Servizos administrativos 20 prazas
CBCOM01Servizos comerciais 20 prazas
Máis información: pinche aquí