Información para Estudantes

FP

Coñece a FP | FP Dual | Relación Ciclos medios Vigo 2015/16 | Relación  Ciclos Superiores públicos 2015/16 | Relación ciclos superiores privados 2015/16

 

Coñece a FP 

A formación profesional do sistema educativo abrangue os módulos profesionais específicos dos programas de cualificación profesional inicial, os ciclos formativos de grao medio e os ciclos formativos de grao superior.

Os ciclos de grao medio forman parte da ensinanza secundaria postobrigatoria, e os de grao superior da educación superior, igual que as titulacións universitarias.

Os ciclos formativos agrúpanse en 26 familias profesionais –grupos de ocupacións– que configuran un sector económico e concorren nunha mesma actividade produtiva. A relación das familias profesionais e os ciclos formativos de cada unha delas está dispoñible en www.edu.xunta.es/fp, no epígrafe “Coñece a FP”.

A maioría dos ciclos formativos teñen unha duración de 2.000 horas, ou dous cursos académicos, aínda que con excepcións nalgúns ciclos do anterior sistema educativo.

ión teórico-práctica, adecuada aos diversos campos profesionais, cunha duración variable especificada en horas. A súa configuración en módulos facilita a mobilidade do alumnado entre os ciclos formativos, e entre estes e outras ensinanzas do sistema educativo.

A superación de todos os módulos dun ciclo formativo dá lugar ao correspondente título.

Máis información: pinche aquí


FP Dual

Para poderen acceder a formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

Ter entre dezaseis e vinte e nove anos no momento de inicio do programa formativo, no caso dos ciclos de grao medio, e entre dezaoito e vinte e nove anos, no caso dos ciclos de grao superior.

Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.

Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Calendario do procedemento 2014

Presentación de solicitudes: ata o 31 de xullo ás 13 horas.

Relación provisional de persoas solicitantes: 1 de setembro

Reclamación á relación provisional de persoas solicitantes: 2 e 3 de setembro

Relación definitiva de persoas solicitantes: 4 de setembro

Período de selección por parte da entidade colaboradora: do 2 ao 9 de setembro

Relación de persoas admitidas e en espera: a partir do 10 de setembro

Matrícula: antes do día 12 de setembro

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

Copia do DNI ou NIE

Certificación académica relativa aos requisitos de acceso

Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo pinche aquí

Máis información: pinche aquí

Relación Ciclos medios Vigo 2016/17

Para ver a relación de centros de Vigo públicos e privados que imparten CM pinche aquí
Relación  Ciclos Superiores públicos 2016/17

Para ver a relación de centros de Vigo públicos que imparten CS pinche aquí

Relación ciclos superiores privados 2016/17

Para ver a relación de centros de Vigo  privados que imparten FP pinche aquí

Logotipo cabecera