Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2023-2024.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:
-Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
-Ciclo superior de Dietética.
-Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.

As solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  
a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude.
En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega.

Prazo: do 17 ao 30 de abril de 2024 ata as 13:00 h.

Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h
Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.
Listaxe de persoas adxudicadas: 17 de maio.
Matriculación: 14 ao 21 de maio até as 13:00 h.
Liberados e adxudicación continuada: 23 ao 31 de maio até as 13:00 h.

Máis información:
Nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se oferten probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE-LOXSE).
www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual