Residencia FICBUEU

O Festival Internacional de Cinema de Bueu convoca a segunda edición da Residencia FICBUEU, o programa de desenvolvemento de proxectos de guión de curtametraxe que terá lugar na Illa de Ons do 16 ao 23 de outubro.

A metodoloxía do programa contempla diferentes tipos de encontros para o traballo nos guións (titorías individuais e colectivas), así como formacións específicas noutros aspectos para ter en conta á hora de fortalecer os proxectos audiovisuais. Ademais, durante toda a semana realizaranse varias reunións de produción grazas ás que a organización poderá coñecer o avance e estado das propostas e escoller á premiada da edición.

Poderanse presentar obras de calquera xénero, cunha duración total máxima de 30 minutos. Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. As persoas participantes deberán posuír comprensión oral e escrita da lingua castelá. Os proxectos cuxa lingua orixinal non sexa o castelán deberán achegar unha copia do mesmo en castelán, para facilitar a avaliación da obra por parte do equipo de coordinación e titorizado.

A presentación dos proxectos realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo mariarfalco@ficbueu.com

Requisitos
Poderán inscribirse na Residencia FICBUEU todas as persoas maiores dean 18 anos que teñan un proxecto de curtametraxe cunha primeira versión de guion escrita e que teñan un dominio fluído do español.

Dotación
Ao finalizar cada edición da Residencia FICBUEU seleccionarase un dos proxectos de guión para realizar a súa execución cunha produtora galega.

O prazo de recepción dos proxectos estará aberto ata o 15 de maio de 2024.

Máis información
https://www.ficbueu.com
mariarfalco@ficbueu.com