Información para Estudantes

Universidad

GUÍA SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

Para ver toda a información referente ao sistema universitario galego pincha aquí


MODALIDADES ACCESO Á UNIVERSIDADE

Bacharelato + FP

Poderán presentarse á Proba de Acceso á Universidade (PAU) as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

Aqueles que se encontren en posesión do título de bacharelato ou equivalente, establecido no Real Decreto 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación:

-Título de bacharelato establecido pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-Título de bacharelato establecido pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

-Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria

-Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario.

Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, para estes efectos, ao título de bacharel regulado pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Tal e como establece o Real Decreto 558/2010, de 7 de maio, e a Orde EDU/3242/2010, de 9 de decembro, aqueles que se encontren en posesión do título de técnico superior de formación profesional, de técnico superior de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, establecidos pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou títulos equivalentes, que desexen aumentar a súa nota de acceso, poderán presentarse á fase específica da Proba de Acceso á Universidade (PAU).

Para ver os accesos a través das probas para maiores de 25,40 e 45 ir ao apartado de probas de acceso e probas libres.

Selectividade(PAU)

A Selectividade divídese en dúas fases:
– Fase Xeral: de carácter obrigatorio para todos os estudantes.
– Fase Específica: con exames vinculados á titulación que queres estudar. Esta última fase é voluntaria, pero si a fas, axúdache a subir a túa nota de acceso ata 4 puntos.

A Fase Xeral consta dos seguintes exercicios:
– Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura. Consiste en facer un comentario por escrito, relacionado coa materia de Lingua castelá e Literatura. O exercicio presentará 2 opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha.
– Segundo exercicio: Historia ou Filosofía. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha.
– Terceiro exercicio: Lingua estranxeira. O estudante pode elixir para este exercicio entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués

– Cuarto exercicio: materia de modalidade de 2º de Bacharelato. É dicir, dunha das asignaturas especializadas asociadas a unha das tres vías que os estudantes cursan en Bacharelato: Artes, Ciencias e Tecnoloxía, ou Humanidades e Ciencias Sociais.
– Quinto exercicio: lingua cooficial. Nas Comunidades Autónomas con outra lingua cooficial, a administración educativa poderá establecer a obrigatoriedade deste 5º exercicio referido á lingua cooficial.
Cada un dos exames desta Fase Xeral puntúase de 0 a 10 puntos. A nota desta Fase Xeral será a media aritmética de todos eles.
A Fase Específica é completamente optativa ¡Ollo! Non fai falta que estudes esta modalidade de Bacharelato á que pertencen as asignaturas das que te examines. Por exemplo, imaxina que estudaches Bacharelato de Artes, pero queres estudar Enfermería. Pois neste caso, na Fase Específica debes examinarte de materias vinculadas á rama do coñecemento de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudaches esa modalidade, pero nada te impide optar a titulacións “fóra” da túa modalidade. As materias que elixes para examinarte na Fase Específica deben ser distintas á materia de modalidade. Nesta fase pódeste presentar ata un máximo de 4 asignaturas. Si decides examinarte de máis de 2, só se terán en conta as dúas cualificacións que che proporcionen mellor nota de admisión. Cada exame puntúase de 0 a 10 e para que conten é necesario sacar un mínimo de 5.
A nota que sacas en cada materia desta fase multiplícase por 0,2 si a universidade designou a materia como prioritaria para a titulación en cuestión ó 0,1 si non. Estes resultados logo súmanse e engádense á túa Nota de Acceso. Calcúlase así: (10 * 0,2) (10 * 0,2) = 4.
A cualificación obtida na Fase Xeral non caduca.
As cualificacións obtidas na Fase Específica son válidas durante os dous cursos académicos seguintes.
Parámetros de ponderación Fase específica pincha aquí

Estranxeiros

Poderán presentarse ás Probas de Acceso regulamentadas no capítulo II do RD 1892/2008 as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

-Os estudantes que desexen acceder en España ás ensinanzas oficiais de grao e que procedan de sistemas educativos estranxeiros non incluídos nos supostos de exención aos que se refire o artigo 20 do RD 1892/2008.
-Os estudantes que sendo procedentes dos sistemas educativos aos que se refire o artigo 20 do RD 1892/2008 non cumpran os requisitos académicos esixidos no sistema educativo respectivo para acceder ás súas universidades, pero que acrediten estudos homologados ao título de bacharel español.
-Os estudantes que sendo procedentes dos sistemas educativos aos que se refire o artigo 20 do RD 1892/2008 e cumpran os requisitos académicos esixidos no sistema educativo respectivo para acceder ás súas universidades desexen presentarse á fase xeral da proba de acceso.

En calquera caso, a Proba de Acceso á Universidade que deberán realizar os estudantes contemplados nas aliñas anteriores e ós que se refire a Orde EDU/473/2010, de 26 de febreiro (DOG do 3 de marzo de 2010), será a organizada pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), que se celebrará nos centros asociados da UNED, ou nos lugares que acorde o órgano competente desta.

Aqueles que desexen realizar a PAU regulamentada pola devandita Orde EDU/473/2010, de 26 de febreiro (DOG do 3 de marzo de 2010), deberán solicitalo directamente na UNED, nos prazos e forma que se determinen ó efecto.

 

En calquera caso, ós estudantes deberán solicitar a homologación dos seus títulos ó título de Bacharelato español.

UNIVERSIDADES GALEGAS


Titulacións SUG 2015/16

Para ver as titulacións do Sistema Universitario galego pinche aquí


Notas de Corte 2015/16

Para ver as notas de corte do Sistema Universitario galego pinche aquí

LERDs

Para ver os Lerds (lugares entrega e recollida documentación do sistema universitario galegopinche aquí
UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

Para ver a relación de Universidades españolas pinche aquí

Servizos información e preinscrición universitaria

Para ver a relación de Servizos de información e preinscrición das universidades españolaspinche aquí

Logotipo cabecera