EXPOCOSPLAY POIO’18

O programa que se vai desenvolver inclúe:
– Obradoiros que se irán alternando ao longo do día: maquillaxe,, pintado de figuras, banda deseñada,xogos de rol,iniciación á interpretación,costura básica, kumihimo, amigurimi…..(previa inscrición).
-Torneos: de Magic e Smash Bros (previa inscrición)
-Videoconsolas e xogos, a disposición do público en xeral
-Photocall, relacionado coa temática do festival, na entrada das instalacións, e no que as persoas interesadas poderán fotografarse  para ter un recordo.
-Pasarela Cosplay, que poñerá o broche final ao evento (previa inscrición como participante) e aberta a tódolos públicos para desfrutar dela. As persoas participantes na pasarela poderán optar a tres premios en metálico: un primeiro de 100€, un segundo de 75€ e un terceiro de 50€. Estes premios os outorgará o público asistente a través do seu voto, valorando o/os mellor/es disfraz/ces.

A inscrición ao evento para as persoas que desexen participar nalgun dos torneos, nos obradoiros ou na pasarela cosplay realizarase a través da paxina www.eventbrite.es. Para máis información contactar con xuventude@concellopoio.org

Logotipo cabecera