Exposición de Debuxo, Pintura e Manualidades na Casa da Xuventude

A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle este mes unha nova exposición dun grupo de alumnos da pintora Carmen Bernal.
Paga a pena aproximarnos a contemplar esta exposición. Amósanse variadas ténicas de debuxo, pintura e manualidades deleitándonos cunha explosión de luz e cor, creatividade e onde cada expositor, dende os 4 anos en adiante, amosan a súa personalidade.


· Tipo de exposición: Debuxo, Pintura e Manualidades

· Autores: Alumnos de diversos centros escolares a cargo da pintora Carmen Bernal

· Inauguración: 22 de xuño (ás 19:30h)

· Datas: do 11 de xuño ao 1 de xullo (no horario de apertura habitual da Casa da Xuventude)
· Localización: Sala de exposicións da Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31)
 
>> Exposición virtual: como adianto podedes acceder á exposición virtual premendo aquí

Exposición Debuxo Pintura Manualidades 01Exposición Debuxo Pintura Manualidades 02

Logotipo cabecera