Exposición ESAD Galicia – “Deseños escenográficos”

Deseños escenográficos ESAD
Dende a Casa da Xuventude temos o pracer de acoller este mes unha exposición dos/as alumnos/as da especialidade de Escenografía da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Na nosa sala de exposicións poderedes atopar un recopilatorio dos traballos realizados durante o curso académico dos mesmos, incluindo, entre outros, bosquexos, maquetas e debuxos de espazos escénicos.

· Nome da exposición: ”Deseños escenográficos”
· Tipo de exposición: Obra plástica colectiva
· Autores: Alumnos/as da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
· Inauguración: 03 de abril (ás 09:00h)
· Datas: do 03 ao 29 de abril (no horario de apertura habitual da Casa da Xuventude)
· Localización: Sala de exposicións da Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31)
 
>> Exposición virtual: como adianto podedes acceder á exposición virtual premendo aquí
>> Web dos artistas: www.esadgalicia.com
Logotipo cabecera