Exposición “Estampando o noso mundo” da asociación DOA

DOA expo

A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle este mes unha nova exposición dun grupo de alumnos dun obradoiro de arte da asociación DOA.
Achegádevos a coñecer un pouco máis sobre a exposición “Estampando o noso mundo”, unha mostra pictórica de como a arte e a plasticidade fánse un camiño que conduce aos ollos do mundo a través das dificultades.
Xurdida nun obradoiro de arte, esta exposición de obras de vivas cores e chamativas imaxes pretende mostrar o poder do potencial da xente máis inesperada demostrando uns resultados máis que notables de sesións de intentos por plasmar o seu mundo interior a través da arte como método terapéutico.
Estamos ante o resultado dun desenvolvemento pura e absolutamente terapéutico en todos os seus aspectos, onde o que vemos é o canto de libertade dos creadores das obras e a superación das súas dificultades a través das mesmas, feitas á súa maneira e baixo os seus prismas personais e íntimos (aficións, horóscopos, sentimentos…) motivadas puramente polo soplo de vida que produce facelas.


· Nome da exposición: ”Estampando o noso mundo”

· Tipo de exposición: Pintura
· Autores: Alumnos dun obradoiro de arte da asociación DOA
· Inauguración: 25 de maio (ás 12:00h)
· Datas: do 22 de maio ao 10 de xuño (no horario de apertura habitual da Casa da Xuventude)
· Localización: Sala de exposicións da Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31)
 
>> Exposición virtual: como adianto podedes acceder á exposición virtual premendo aquí

DOA expo 01  DOA expo

Logotipo cabecera