Exposición fotográfica – ”Una vida dentro de otra vida”

Viajando a media luna
Presentámosvos a Joanna Wójcik e Nelson Bardón, dous amantes das viaxes, o arte e a fotografía. Ambos desexan compartir os seus descubrimientos, experiencias, fotografías e propostas artísticas a raíz das súas viaxes. Para eles “la felicidad nunca será plena si no se comparte”.
 
Este proxecto vital xorde coa súa primeira viaxe xuntos na que percorreron en bicicleta a media lúa ibérica, partindo de Gerona ata chegar a Lisboa. Esta ruta pretende ser o prólogo do seu viaxar polo mundo.
 
Dende a Casa da Xuventude temos o pracer de acoller a súa exposición fotográfica “Una vida dentro de otra vida”, onde atoparedes un recopilatorio visual desta viaxe.
Tamén brindámosvos a oportunidade de coñecelos o 13 de marzo ás 13:00h e descubrir de primeira man o sentido da súa viaxe.
 
· Nome da exposición: ”Una vida dentro de otra vida”
· Tipo de exposición: Fotografía
· Autores: Viajando a media luna
· Inauguración: 13 de marzo (ás 13:00h)
· Datas: do 13 ao 31 de marzo (no horario de apertura habitual da Casa da Xuventude)
· Localización: Sala de exposicións da Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31)
 
>> Exposición virtual: como adianto podedes acceder á exposición virtual premendo aquí
>> Web dos artistas: viajandoamedialuna.com
Logotipo cabecera