FP Dual. Últimas prazas dispoñibles

Se tes entre 18 e 29 anos, a FP Dual permíteche obter un título oficial compaxinando os teus estudos no centro educativo cunha formación remunerada nunha empresa. Ademais, tes a posibilidade de obter unha dobre titulación nalgunhas especialidades, algo único en Galicia a través da FP Dual.

Permanece aberto o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual naqueles ciclos formativos que aínda dispoñen de prazas vacantes.

A persoa interesada en matricularse nalgún destes ciclos formativos presentará unha única solicitude en calquera dos centros que aparecen no anexo II da Orde do 13 de xuño de 2017, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión.

+info: edu.xunta.es

Logotipo cabecera