Galeuropa 2017. Amigos da Terra

unnamedContido: Amigos da Terra participa no programa Galeuropa , que é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, como entidade sen ánimo de lucro beneficiaria dunha axuda no que poderán participar 12 mozos e mozas menores de 30 anos para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de Chipre, Italia e Portugal.

A duración das prácticas formativas será de 3 meses consecutivos, dende 1 de Setembro e rematando en todo caso o 30 de novembro (mínimo de 100 horas mensuais).

A Dirección Xeral de Xuventude financia os gastos de viaxe e transporte, aloxamento, e manutención deixando unha partida tamén para a formación na lingua nativa do país que se visita.

Requisitos:

As persoas destinatarias das mobilidades debe­rán cumprir os requisitos esixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil, coma o de estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera