Galeuropa 2017. Sustinea

CapturaContido: Sustinea oferta prazas para Lisboa, Valleta e Brescia dentro do programa Galeuropa 2017.

O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e  Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en  empresas/entidades públicas ou privadas de países europeo e máis concretamente en: Portugal (Lisboa), Malta (Valletta) e Italia (Brescia).

Que custos cubre a axuda?

-Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante segundo o país de destino da mobilidade)
-Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o  país de destino)
-Apoio lingüístico

Duración das prácticas formativas

3 meses (Septembro, Outubro e Novembro) 120h mensuais.

Quen pode realizar a mobilidade transnacional?

A mocidade galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación,  inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da  Comunicade Autónoma de Galicia, que cumpra os seguintes requisitos:

-Ter entre 18 e 29 anos (incluídos).
-Non ter participado con anterioridade en ningún programa Galeuropa.
-Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
-Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a  actuación.

Máis información: premer aquí

Logotipo cabecera