GALEUROPA 2019 – EXTRAMUNDI

Convocatoria Galeuropa 2019- Extramundiprograma de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2019, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e cofinanciado pola iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, de interese para os mozos e mozas menores de 30 anos que se atopan no SNGX (Garantía Xuvenil) e potenciais beneficiarios/as do voso recurso.

A convocatoria enmárcase dentro do programa GALEUROPA procedemento BS324B no cal Extramundi é beneficiaria como entidade sen ánimo de lucro, como indica a resolución definitiva  da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es/images/GALEUROPA/2019/resoluc_definitiva_asociacions_BS324B_2019.pdf

A Asociación Extramundi xestiona por segundo ano consecutivo, dentro deste programa, 14 bolsas a través dunha estadía de 3 meses (set-nov) con 100 horas mensuais de prácticas en empresa nos seguintes países:

Azores (6 bolsas)
Reino Unido (4 bolsas)
Italia (4 bolsas)

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias socio-profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación.

A mobilidade transnacional contribúe na mellora da súa experiencia profesional e na adquisición de competencias na lingua de traballo do pais de destino.

O programa reserva prazas, nun dos fluxos de mobilidade, para favorecer o acceso a un 45% das persoas beneficiarias con discapacidade superior ou igual ao 33%.

Estamos a realizar a inscrición no programa na páxina web  no seguinte enlace:
http://www.extramundi.org/gl/galeuropa
No anterior enlace tamén se especifican as características do programa e as coberturas.

Este programa é unha oportunidade para que mozos/as accedan a facer prácticas en europa e melloren as súas oportunidades profesionais. Grazas por apoiarnos a difundir a súa existencia.

Información e contacto candidatos/as:
galeuropa@extramundi.org
604335102

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, coa firma do presente documento dá o seu consentimento para o tratamento dos datos persoais achegados nel. Estes serán incorporados aos ficheiros denominados «EXTRAMUNDI» e «NÓMINAS, PERSONAL Y RECURSOS HUMANOS»  inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos e cuxo responsable é a Asociación EXTRAMUNDI. Os seus datos serán utilizados na tarefas propias da xestión administrativa da asociación, así como para enviarlle información doutras actividades desenvolvidas pola asociación.

Así mesmo consente expresamente que a Asociación ceda os seus datos persoais, de forma confidencial, á compañía de seguros coa exclusiva finalidade de poder tramitar a contratación do seguro que dará cobertura ás actividades da asociación.

Informámoslle que poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na Lei a través de correo ordinario especificando o seu nome, apelidos e D.N.I. na seguinte dirección Rúa dá Senra 6, Santiago de Compostela CP 15702 (A Coruña) ou no correo electrónico info@extramundi.org

Logotipo cabecera