GALEUROPA (Prácticas profesionais en Europa para menores de 30 anos)

Que é?
Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil para incrementar as posibilidade de inserción laboral da xente nova, completar a competencia profesional e persoal, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e fomentar a autonomía persoal. É dicir, son axudas para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas, entidades públicas ou privadas de países Europeos.

Quen pode participar?
– Mozos e mozas menores de 30 anos que non teñan participado no programa en anos anteriores.
– É necesario incribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.

 Onde?
– Inglaterra (Eastbourne)
– Italia (Brecia)
– Portugal (Lisboa)
Amigos da Terra daralle prioridade aos proxectos ambientais e a selección de empresas farase atendendo a criterios de sustentabilidade ambiental e social.

 Cánto tempo?
Dende 1 de Setembro e rematando como máximo o 30 de novembro

 Que custos cubre esta axuda?
– Viaxe
– Aloxamento
– Manutención
– Apoio lingüístico (45 horas)
– Transporte local no país de destino

Para incribirte coa nosa entidade podedes cubrir o seguinte formulario >>>

         As prazas son limitadas!!!!

Máis información  en:
info@amigosdaterra.net    galeuropa@amigosdaterra.net  ou no número de teléfono 988374318

Logotipo cabecera