GALICIENCIA

A Galiciencia é a maior feira científica de Galicia
Está patrocinada pola Consellería de Economía e Industria e celebrarase no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole os días 18,19 e 20 de novembro. A estrela da feira é a exposición de proxectos de investigación e innovación presentada por equipos de estudantes de todas as idades, acompañados polos seus profesores. Arredor dela, organizamos tamén actividades paralelas, como talleres e espectáculos, relacionadas co Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz
¿Quen pode participar?
Os participantes na exposición de proxectos, que reserva un stand propio para cada equipo, son estudantes e profesores de Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP e Educación Especial. O público estará formado por grupos de escolares chegados de toda Galicia e por familias e grupos de amigos que queiran achegarse, porque a Galiciencia está aberta a todos.
A exposición de proxectos da Galiciencia está aberta a participantes de todas as idades. A inscrición abrirase a principios do curso 2015/2016, polo que é importante que empecedes a desenvolver as vosas investigacións, maquetas e prototipos canto antes. Non importa cal sexa o tema do voso proxecto, o único que importa é que a idea sexa vosa e que lle poñades ganas e ilusión para desenvolvelo.
Máis información: http://www.galiciencia.com/
Logotipo cabecera