Garantía Xuvenil

Información básica

QUE É?

O Programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que ten como obxectivo articular unha resposta á situación laboral na que se atopan moitos/as mozos/as en Galicia.

OBXECTIVO

A garantía xuvenil ten como obxectivo que os/as mozos/as  entre 16 e 29 anos que non estean cursando estudos, formación ocupacional ou non teñan emprego, poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras rematar os seus estudos ou quedar desempregados/as.

MEDIDAS

Están divididas en catro eixos:

  1. Mellora da intermediación
  2. Mellora da empregabilidade
  3. Estímulos á contratación
  4. Fomento do emprendemento

REQUISITOS

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadán da Unión Europea
  • Tamén poden inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar
  • Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio nacional español
  • Ter máis de 16 anos e menos de 25 anos, ou menos de 30 anos no caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ou ter más de 25 e menos de 30 anos cando, no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a tasa de desemprego deste colectivo sexa igual ou superior ao 20%, segundo a enquisa de poboación activa correspondente ao derradeiro trimestre do ano
  • Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema de Garantía Xuvenil

INSCRICIÓNS

Casa da Xuventude Vigo. R/ López Mora 31. 36211 Vigo
As persoas mozas que desexen obter axuda e solicitar usuario/contrasinal poden inscribirse no Sistema de Garantía Xuvenil na Casa da Xuventude de Vigo onde se lles vai informar sobre diferentes aspectos da Garantía Xuvenil e axudar a cumprimentar a solicitude de inscrición.
Con DNI electrónico

Con usuario e contrasinal

MÁIS INFORMACIÓN

premer aquí

 

Logotipo cabecera