Horario especial de apertura das bibliotecas da Uvigo

bibliotecaA Biblioteca Universitaria comeza este sábado e ata o vindeiro 19 de xaneiro cos horarios especiais de apertura para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre deste curso 2016-2017. Deste xeito, as bibliotecas de Torrecedeira e as centrais dos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra ampliarán os seus servizo tanto polas noites como durante as fines de semana.
Os usuarios e usuarias que decidan preparar os exames de noite atoparán abertas de luns a venres – agás festivos – ata as 03.00h as de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra do 28 de novembro ao 21 de decembro e do 9 ao 19 de xaneiro. No relativo á apertura en fin de semana, dende este sábado e ata o 18 de decembro e do 7 ao 15 de xaneiro, Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra abrirán de 08.00h a 22.00h. Pola súa banda, a Central do campus de Vigo terán nas mesmas datas horario de 09.00h a 21.00h. Ademais, con estes mesmos horarios abrirán os festivos 6 e 8 de decembro e 6 de xaneiro. Deste xeito, só permanecerán pechadas os días de Noiteboa, Nadal, Fin de Ano e Aninovo.
Durante este horario só poderán facer uso dos servizos de espazos de estudo e/ou facer consultas de referencias bibliográficas na sala. Non estarán dispoñibles os servizos de préstamo ou préstamos interbibliotecarios e o acceso a recursos electrónicos. Ademais durante o período de Nadal, que comprende do 21 de decembro ao 6 de xaneiro, abrirán todas as bibliotecas da Universidade no seu horario ordinario.

Logotipo cabecera