I CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES DO REVOLTALLO

Chega a primeira edición do concurso de bandas emerxentes do Revoltallo

O veterano festival, que este ano cumpre XXVI edicións, contará con dous
grupos noveles completando o seu cartel

O Revoltallo de música e cultura emerxente terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro,
proseguindo a aposta pola música en galego e actividades para toda a familia en tres
xornadas inolvidables. Este primeiro concurso de bandas do Revoltallo reforza así a
aposta polos novos talentos musicais, dándolle a oportunidade de subirse a un
escenario a defender, quizais por primeira vez, os seus temas.

Queres tocar no revoltallo?

Este ano, actuarán dúas bandas convidadas que elixirá o público na xornada do
venres 6 e do sábado 7 de setembro.
Deberá presentarse un vídeo orixinal, podendo participar tanto grupos coma solistas
que non teñan un contrato en vigor con ningunha discográfica. Calquer xénero musical
é axeitado para participar, admitindo só temas en formato dixital para a súa
reproducción directa.
Os participantes poderán envíar o seu vídeo mediante a páxina oficial de Facebook e
Instagram do Revoltallo, e por correo electrónico ao enderezo
radiovalladares@valladares.tv ata o xoves 8 de agosto ás 23:59h. A organización
seleccionará ás 5 bandas finalistas que se farán públicas o día 13 de agosto e dará
comezo a segunda fase do concurso, a votación popular. Aquelas dúas bandas que
máis reaccións positivas acumulen no seu vídeo ata o 19 de agosto, formarán parte do
XXVI Revoltallo de música e cultura emerxente. Cada banda seleccionada contará cun
premio de 200 euros.
Os concertos, núcleo central do Revoltallo, terán lugar na Carballeira do Pedregal, no
Centro Veciñal e Cultural de Valladares, un entorno privilexiado no que a natureza
fusionase co talento neste primeiro fin de semana de setembro.

Os grupos

Estas bandas emerxentes poderán compartir escenario con outras bandas
consolidadas no panorama musical galego e novas promesas, locais e de outros
rincóns da xeografía galega:

Dende Bueu chegan ​ The Skarnivals​ . E​ sta banda ska / punk / folk galega nada en
2012 que parte do proxecto Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo
persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso
necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. Colleitaron un enorme
éxito ata ser referentes do ska galego xirando por toda a península.
Xunto a eles neste estilo, ​ Liska​ ! banda de Ska punk formada entre finais de 2010 e
2011 en Vigo, encheran o escenario de música do seu novo traballo ‘República 2.0.’
Collón de Lola​ , a banda tributo ao Xabarín club fará bailar a todos os que
pertencemos á xeración xabarín. As dúas apostas emerxentes este ano son ​ Los
jinetes del trópico​ , ​ coa súa cumbia, reggaeton antimachista e punk tropical, activos
con grande éxito dende 2015 e Lisdexia​ , que veñen dende Muros a presentar o seu
punk rock en galego.
O cartel complétano tres grupos locais: ​ A polémica banda dos Bechuchos​ , dende
San Miguel de Oia, o grupo de rock punk vigués ​ D’esmorga e ​ Demencia Sonora​ ,
grupo da parroquia de Valladares afamado polas súas versións personalizadas de
grandes temas do rock.
Tamén volverán o Revoltalliño e os obradoiros de iniciación para instrumentos
musicais, aínda pendentes de confirmación. Para máis información non dubiden en
poñerse en contacto con nós.
Para máis información sobre o I concurso de bandas emerxentes consultar bases
legais
https://docs.google.com/document/d/1eIThHMWufI7rcZ7_TC9wY8c6F9W-TsdMobxnT
xdsrpc/edit?fbclid=IwAR1pWqsKfAoNHfOavErYl3lJw9MygwHFS3gOsOwSZVJVMoFre
dnLYedOy_o

Logotipo cabecera