III Premios Provinciais á Xuventude

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a III edición dos Premios Provinciais á Xuventude co ánimo de promover o talento e o potencial das e dos mozos da nosa provincia.

As modalidades de participación son as seguintes: iniciativa social, iniciativa empresarial, contido dixital (contido audiovisual e weblog), educación en valores, traballo musical (música clásica e outros xéneros), traballo literario (narrativa, poesía e banda deseñada), fotografía (serie fotográfica e fotografía orixinal) e deseño e moda

As obras presentaranse, tal e como se recolle nas bases, do seguinte xeito:

  1. As persoas interesadas serán mozos e mozas entre os 16 e os 35 anos de idade en participar poderán preinscribirse cubrindo o formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal), que, unha vez cuberto, xerará a solicitude en PDF que se deberá gardar para presentar na sede electrónica ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común
  2. Unha vez recibida e tramitada a solicitude de preinscrición, de ser admitida, a persoa solicitante recibirá un SMS no seu teléfono móbil indicándolle a validación desta e o código asignado ao seu proxecto
  3. Unha vez recibido o código, a persoa solicitante deberá entregar o proxecto no Rexistro xeral da institución provincial, en sobre pechado, xunto co modelo de presentación (anexo I) debidamente cuberto

A preinscrición poderá realizarse do 02 de abril ao 02 de xullo de 2019.

Logotipo cabecera