INCUBADORAS DE PROXECTOS -ASISTENCIA ABERTA NO SUR DE PONTEVEDRA-

As Incubadoras de Proxectos son un servizo de información e asesoramento persoalizado e presencial da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dirixido a mozas e mozos, ou persoas que traballan coa mocidade (asociacións, concellos, centros de ensino…), que teñan interese en presentarse a alguna das convocatorias dos programas de educación non formal Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou aqueles outros que susciten interese do público asistente.
Non o dubides!
Se queres recibir información e asesoramento, acude a unha destas citas:
11 maio: Espazo Xove de Tui as 17:30h.
22 maio: Campus universitario Lagos-Marcosende, Vigo as 12:00h.
24 maio: Casa do Deporte de Vigo as 19:00h.
30 maio: Residencia Xuvenil Altamar as 21:30h.
Mais información no correo electrónico alberto.fontenla@rgdinamizacion.es ou no teléfono 610555094.
Logotipo cabecera