INTERCAMBIOS PROFESIONAIS GALICIA NORTE DE PORTUGAL

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a iniciativa “Intercambios profesionais Galicia Norte de Portugal”, un programa multidisciplinar de estancias creativas na area metropolitana de O Porto (Portugal) que ten por finalidade apoiar a formación da xuventude mediante a mellora da súa empregabilidade e promocionar e estimular a empregabilidade, o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas galegos e portugueses dentro dos parámetros da innovación.

Esta iniciativa permitirá que os mozos e mozas complementan a competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa noutro país como parte do currículo.

OBXECTIVOS
– Apoiar á mocidade na adquisición de coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.
– Crear sinerxias entre mozos e mozas de Galicia e empresas de Portugal co fin de que xurdan novas oportunidades.
– Axudar ao desenvolvemento dos proxectos empresariais dos mozos e mozas galegos, ou preparar aos mozos e mozas galegos á hora comezar un novo proxecto  a través das novas tecnoloxías aplicadas a varios sectores
– Fomentar ideas innovadoras da xuventude a través da creatividade.
-Promocionar e estimular o espírito emprendendor da xuventude  a través de novos métodos de aprendizaxe baseados en “aprender facendo”.

ACTIVIDADES: prácticas formativas non retribuídas en empresas de Portugal (area metropolitana do Porto)  e actividades complementarias.

+INFO

Logotipo cabecera