LABORA 2020. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Labora 2020 é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais xeradoras de emprego nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.

Obxetivos

  • Realización de 11 itinerarios integrados e personalizados de inserción laboral dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade.
  • Atención a 855 persoas da provincia de Pontevedra a través de itinerarios personalizados para a mellora da súa formación e empregabilidade.

Persoas beneficiarias

As persoas destinatarias dos itinerarios formativos do proxecto serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos:

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anos
  • Persoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex-reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

Qué ofrecemos

  • Itinerarios integrados de inserción sociolaboral
  • Orientación laboral e titorías individuais
  • Formación específica para a obtención de certificados de profesionalidade
  • Práctica profesional tutorizada correspondente á formación específica en contornos reais de traballo
  • Formación transversal en igualdade de oportunidades, igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social. Desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio ambiente
  • Formación complementaria: búsqueda de emprego, fomento do emprendemento e autoemprego
  • Axuda económica por día de asistencia ás accións formativas

Cando

Os itinerarios levaranse a cabo durante os anos 2019, 2020 e 2021

Itinerarios

  • Docencia da Formación Profesional para o Emprego (SSCE0110)
  • Actividades Auxiliares de Almacén (COML0110)
  • Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (SSCS0208)
  • Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio (SSCS0108)
  • Xestión de Chamadas de Teleasistencia (SSCG0111)
  • Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais (SSCM0108)
  • Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil (SSCB0209)
  • Socorrismo en Instalacións Acuáticas (AFDP0109)
  • Actividades Auxiliares de Conservación e Mellora de Montes (AGAR0309)
  • Operacións Básicas de Restaurante e Bar (HOTR0208)
  • Competencias clave para a obtención do nivel 2 (galego, lingua e matemáticas)

Dónde

  • Pontevedra
  • Vigo
  • Lalín
  • Moraña
  • Valga
  • Barro
  • Vilagarcía de Arousa
  • O Grove
  • Cambados
  • Cangas
  • O Porriño
  • Mos
  • Ponteareas
  • A Guarda
  • Tomiño
  • Soutomaior

 Máis información

Correo electrónico : labora2020@depo.es

Teléfono: 986 804 100, extensións 50854, 40853, 40857, 40849 y 40846

Logotipo cabecera