LANZADEIRA DE EMPREGO

Abel Caballero participou na presentación da Lanzadeira de Emprego, que arrancará en novembro e servirá para axudar a 20 desempregados, na súa maioría menores de 35 anos, a optimizar a súa procura de traballo con novas técnicas e ferramentas acordes ás necesidades do mercado laboral actual.

A Lanzadeira de Emprego de Vigo irá destinada a 20 desempregados menores de 35 anos. Con todo, se as 20 prazas non se cobren con estes perfís, se reserva a posibilidade de que cinco poidan destinarse a persoas de maior idade, ata os 59. Poderán ter calquera nivel formativo (ESO, Formación Profesional, Bacharelato, así como diplomaturas ou licenciaturas universitarias) e proceder de calquera sector laboral, teñan ou non experiencia previa.

Precisamente, o obxectivo é configurar un equipo de 20 participantes o máis variado e heteroxéneo posible para que entre eles non exista competencia á hora de buscar traballo, senón que compartan coñecementos e experiencias, e aposten por unha cultura colaborativa para impulsar o seu acceso ao mercado laboral.

As persoas seleccionadas reuniranse varios días á semana en locais cedidos de balde polo Concello de Vigo. Coa guía e orientación dun técnico especializado levarán a cabo diversas actividades para optimizar a súa procura de traballo: talleres de autocoñecemento e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empregabilidade e visitas a empresas.

As persoas interesadas neste programa de orientación laboral, gratuíto, voluntario e con resultados de inserción superiores ao 50%, dispoñen ata o 8 de novembro para presentar a súa inscrición na web de Lanzadeiras ou no propio Concello de Vigo.

+info: LANZADERAS

Logotipo cabecera